DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 18 de xullo de 2023 Páx. 44110

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 28 de xuño de 2023 pola que se notifica o acordo de inicio do procedemento administrativo sancionador do expediente 13-27-23-107 e dez máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), notifícaselles ao denunciados cuxos datos persoais se mencionan nos anexos, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, os acordos de inicio dos procedementos administrativos sancionadores por presunta infracción da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O órgano competente para a resolución do expediente é o director do ente público, de acordo coa tipificación e coa contía da sanción, e en virtude do disposto no artigo 144.1.a) da Lei 6/2017, de portos de Galicia.

De acordo co artigo 64.2.f) da LPAC, dispoñen dun prazo de quince (15) días contado desde o día seguinte ao da publicación do presente acordo, para formular alegacións e, de ser o caso, propoñer proba ante o instrutor, concretando os medios de que se pretendan valer e citando o número de expediente.

Así mesmo, e con anterioridade ao trámite de audiencia, poderanse formular alegacións e achegar os documentos que se consideren convenientes.

De non efectuarse alegacións no prazo antes mencionado, estes acordos, por aplicación do establecido no artigo 62.2.f) da LPAC, serán considerados propostas de resolución.

Se recoñecen voluntariamente a súa responsabilidade, resolverase o procedemento coa imposición da sanción que proceda.

Poderase pagar voluntariamente a multa cunha redución do 30 por cento sobre o importe da sanción proposta, mediante o ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Sabadell, BBVA e Abanca), utilizando o modelo de impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia e presentándoo en calquera entidade bancaria; o pagamento reducido comporta a renuncia a formular alegacións, a terminación do procedemento sen necesidade de ditar resolución e a imposibilidade de interposición de recurso en vía administrativa.

Por outra parte, dispoñen dun prazo máximo de dez (10) días contado desde a publicación do presente acordo para identificar, no caso de que non fosen vostedes, os/as condutores/as do vehículo na data e na hora da denuncia, indicando o seu nome, apelidos e documento nacional de identidade, así como o domicilio para os efectos de notificacións. Responderán vostedes persoalmente, cando non sexa posible a dita notificación por algunha causa que lles sexa imputable e, igualmente, cando se oculte información ou a facilitada sexa falsa ou deliberadamente incorrecta.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2023

Roi Fernández Añón
Director xeral de Portos de Galicia

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

DNI denunciado

Feito denunciado

Data-hora-porto

Precepto infrinxido

Precepto sancionador

Sanción proposta

Sanc. 13-27-23-107

A-0054-EH

PAFIF

36073891R

Estacionamento prohibido

4.3.2023;

17.55 horas

Panxón

(Pontevedra)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90€

Sanc. 13-27-23-112

PO-8452-BC

PAFIF

35967018D

Estacionamento prohibido

4.3.2023;

17.55 horas

Panxón

(Pontevedra)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-27-23-120

9847-DMD

PAFIF

36158980J

Estacionamento prohibido

5.3.2023;

19.00 horas

Panxón

(Pontevedra)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-27-23-123

6696-JHB

PAFIF

36053486C

Estacionamento prohibido

11.3.2023;

15.10 horas

Panxón

(Pontevedra)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 12-48-23-88

3518-KJK

PAFIF

76797840N

Estacionamento prohibido

25.3.2023;

12.15 horas

Ribeira

(A Coruña)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-30-23-15

9951-JHZ

Gardapeiraos

76896859Q

Estacionamento prohibido

9.3.2023;

14.20 horas

A Guarda

(Pontevedra)

Artigo 131 p) e.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

180 €

Sanc. 13-05-23-03

0399-KCR

PAFIF

35428400M

Estacionamento prohibido

3.3.2023;

15.50 horas

Corón-As Sinas

Vilanova de Arousa

(Pontevedra)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 12-48-23-67

0065-JWD

Guardapeirasos

76489514R

Estacionamento prohibido

20.2.2023;

9.30 horas

Ribeira

(A Coruña)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 12-48-23-80

7107-GDC

PAFIF

33233313S

Estacionamento prohibido

23.3.2023;

10.11 horas

Ribeira

(A Coruña)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-27-23-99

4845-JVY

PAFIF

36125566H

Estacionamento prohibido

4.3.2023;

17.55 horas

Panxón

(Pontevedra)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 12-48-23-85

7661-FPC

PAFIF

33224988Q

Estacionamento prohibido

23.3.2023;

10.11 horas

Ribeira

(A Coruña)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90€