DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 17 de xullo de 2023 Páx. 43822

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 3 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Rianxo (expediente IN407A 2022/370-1).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio notifícaselle á persoa sinalada no cadro anexo a resolución desta xefatura territorial, do 13 de xuño de 2023, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica a prol da entidade UFD Distribución Electricidad, S.A. e que corresponde ao proxecto de instalación eléctrica denominada LMT, CT e RBT Brión, no concello de Rianxo (expediente IN407A 2022/370-1).

O texto íntegro da resolución que agora se anuncia está a dispor das persoas interesadas na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña, situada no Edificio Administrativo Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2-2º, 15008 A Coruña, na Sección de Enerxía (teléfono de contacto 981 18 49 70), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A dita persoa interesada disporá dun prazo de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio, para solicitaren a remisión da dita resolución ao enderezo que sinalen.

Contra a resolución, que non pon fin á vía administrativa, a persoa interesada poderá interpor recurso de alzada, ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes que se contará a partir da notificación da resolución, ou interpor calquera outro recurso que proceda.

A Coruña, 3 de xullo de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/370-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMT, CT e RBT Brión.

Concello: Rianxo.

Predio

Pol.

Parc.

Lugar

Titularidade proposta

1

02

123

Fonte Nova

Descoñecida