DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 17 de xullo de 2023 Páx. 43860

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Triquels, S. Coop. Galega

ANUNCIO de liquidación e extinción da cooperativa.

En cumprimento do establecido nos artigos 89, 90, 91, 92 e 93 da Lei 5/1998, de cooperativas de Galicia, faise público que na asemblea xeral extraordinaria que tivo lugar o 5 de xuño de 2023 se acordou, por unanimidade de votos, a liquidación e extinción de Triquels, S. Coop. Galega, a aprobación do balance final de liquidación e o proxecto de distribución do haber social, así como a aprobación da cancelación dos asentos referentes á sociedade cooperativa.

Ourense, 5 de xuño de 2023

Maria Isabel Raña Ruiz
Lorena Salgado Costa
Socias liquidadoras de Triquels, S. Coop. Galega