DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 17 de xullo de 2023 Páx. 43843

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

ANUNCIO do 4 de xullo de 2023, do Servizo de Consumo de Ourense, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente 32S001/031/2022.

De conformidade co disposto no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, despois de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 da citada Lei 39/2015, sen que esta se puidese efectuar, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ante o Servizo de Consumo de Ourense, con enderezo na avenida de Zamora, 13, baixo, de Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 4 de xullo de 2023

Cristina E. Vázquez Gil
Xefa do Servizo de Consumo de Ourense

ANEXO

Expediente: 32S001/031/2022.

Persoa interesada:

CIF/NIF: 05697352E

Acto notificado: notificación da resolución do procedemento sancionador en materia de defensa do consumidor 32S001/031/2022.