Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 14 de xullo de 2023 Páx. 43603

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de información pública (expediente 2022/U040/000002).

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria que tivo lugar o 5 de xuño de 2023, acordou aprobar inicialmente o proxecto de expropiación forzosa para a obtención dos terreos do sistema xeral SX-VI/AU02 e os terreos necesarios para completar a vía situados fóra das aliñacións dispostas no Plan xeral de ordenación municipal, polo procedemento de taxación conxunta, segundo o documento redactado pola entidade Estudio Técnico Gallego, S.A. e asinado polo arquitecto Isidro López Yáñez (colexiado nº 2261 do COAG), presentado o 16 de maio de 2023 (rexistro de entrada nº 202399900002315) no cal se inclúen a delimitación territorial do ámbito, a descrición de bens e dereitos, titulares afectados, a fixación de prezos e as follas de prezo xusto individualizadas.

Polo que se somete a información pública, por un prazo dun (1) mes, para que as persoas que se consideren interesadas formulen as observacións e reclamacións que xulguen convenientes, en particular no relativo á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

Así mesmo, requírense os titulares dos bens e dereitos afectados para que acheguen os títulos que os acrediten como propietarios deles. Advírteselles que este anuncio serve de notificación no caso de que estes sexan descoñecidos ou se descoñeza o seu enderezo, segundo o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A relación de bens e dereitos afectados polo expediente expropiatorio é a seguinte:

Predio

Referencia catastral

Titular

Superficie total (m²)

Superficie afectada (m²)

Clasificación
urbanística

Situación básica do solo

Outros bens afectados

1

5859928NH2855N0001LM

Manuel Outeiro Barreiro

489

203

Solo urbano consolidado-residencial extensiva vivenda familiar en Carballo. Acaroada-sistema viario

Urbanizado

2

5859929NH2855N0001TM

José Antonio Suárez Acebey

Elisa García Vilas

384

203

Solo urbano consolidado-residencial extensiva vivenda familiar en Carballo. Acaroada-sistema viario

Urbanizado

1

Ud. traslado portal ferro galvanizado (3*1,5 m)

36

m² muro bloque

1

Ud. traslado cancela ferro galvanizado (1,20*1,6 m)

3

m3 muro formigón

1

Ud. traslado contador auga

3

5859946NH2855N0001SM

Mª Patricia Falcal Recarey

Manuel Trigo Trigo

522

89

Solo urbano consolidado-residencial extensiva vivenda familiar en Carballo. Acaroada-sistema viario

Urbanizado

O documento estará á disposición dos interesados na Oficina Técnica Municipal,das 10.00 ás 13.00 horas, na páxina web na seguinte ligazón, punto 7. Outros:

http://carballo.org/urbanismo/planeamentodesenvolvemento.php?idioma=gl#ancla

E na sede electrónica deste concello no taboleiro de anuncios na seguinte ligazón:

https://sede.carballo.gal/sxc/es/informacion/

Carballo, 14 de xuño de 2023

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde