Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 14 de xullo de 2023 Páx. 43591

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 3 de xullo de 2023 polo que se notifica o prego de cargos do expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade POL/45/2022-RP1.

O instrutor do expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade en materia de costas POL/45/2022-RP1, incoado pola realización de actuacións dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, formulou o prego de cargos previsto no Real decreto 876/2014, do 10 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral de costas.

Ao non poder realizarse a notificación do prego de cargos á interesada con documento nacional de identidade 36099481S, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á interesada o dito prego de cargos mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á interesada que o texto íntegro do prego de cargos que se lle notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida

A interesada disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que considere convenientes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesadoa, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2023

Jacobo Hortas García
Director da Axencia da Protección da Legalidade Urbanística