Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 13 de xullo de 2023 Páx. 43407

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilasantar

ANUNCIO de xestión da biomasa (2023/X999/000041).

Vistas a Resolución de Alcaldía nº 262/2023, do 23 de xuño de 2023, e a Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, que establece, no seu artigo 22.1:

«As persoas que resulten responsables conforme o artigo 21.ter procederán á execución da xestión da biomasa no ámbito das redes de faixas de xestión de biomasa, incluída, se é o caso, a retirada de especies arbóreas, antes de que finalice o mes de maio de cada ano (…).

A xestión da biomasa e a retirada de especies arbóreas realizarase conforme os criterios establecidos mediante orde da consellería competente en materia forestal».

Esta Administración puido constatar o seguinte:

– Na parcela con referencia catastral nº 2569902NH7626N0001BO, localización: lugar Foro-Présaras, clasificación urbana, incúmprese o artigo 21 da Lei 3/2007 pola existencia de maleza e árbores sen cumprir as distancias estipuladas con respecto a solo urbano, segundo constata o informe do servizo municipal do 14 de xuño de 2023.

– A sede electrónica do catastro sinala como propietarios en investigación, polo que a notificación non se pode efectuar.

En virtude do que antecede, comunico que as persoas responsables dispoñen dun prazo voluntario de 15 días naturais para xestionar a biomasa na parcela con referencia catastral nº 2569902NH7626N0001BO, localización: lugar Foro-Présaras, clasificación urbana, segundo os criterios establecidos na Orde da Consellería do Medio Rural, do 31 de xullo de 2007, pola que se establecen os criterios para a xestión da biomasa vexetal, de tal modo que, nunha franxa de 50 metros ao redor de solo urbano, non poderá haber maleza nin as árbores indicadas na disposición adicional terceira da Lei 3/2007.

Transcorrido o devandito prazo, e no caso de persistencia no incumprimento, procederase á execución subsidiaria con repercusión na propiedade dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda pola comisión dunha infracción tipificada no artigo 50.2.1 da Lei 3/2007, segundo establece o artigo 74 da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes.

Ademais, advírteselle que o incumprimento da xestión da biomasa conforme o artigo 21 ter da Lei 3/2007 poderá supoñer a repercusión dos gastos de extinción de incendios, no caso de producirse, conforme o establecido no artigo 48.9 do citado texto legal.

Vilasantar, 26 de xuño de 2023

Fernando Javier Pérez Fernández
Alcalde