De conformidade co establecido nos artigos 88 e 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, no artigo 52 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, do regulamento xeral de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción do persoal ao servizo da Administración xeral do Estado, e demais normativa de procedente aplicación, e no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro, e da delegación de competencias operada pola Resolución reitoral do 14 de xaneiro de 2020, esta xerencia
DISPÓN:
Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I.
Segundo. Poderán concorrer a ela todos/as os/as funcionarios/as que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinalan no anexo I.
Terceiro. As solicitudes, que irán dirixidas ao xerente da Universidade da Coruña, empregarán o modelo que consta como anexo II a esta convocatoria. A presentación das solicitudes farase no Rexistro Xeral da Universidade da Coruña (Edificio da Reitoría, rúa da Maestranza, 9, 15001 A Coruña), nos rexistros auxiliares (Campus da Zapateira, A Coruña e Edificio de Usos Administrativos no Campus de Esteiro, Ferrol), ou nas restantes formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de quince días contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Á solicitude xuntaráselle un currículo en que se especifiquen os méritos, que se acreditarán documentalmente.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpoñer un recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro,
A Coruña, 5 de xullo de 2023
Ramón del Valle López
Xerente da Universidade da Coruña
ANEXO I
Núm. posto RPT: 763.
Denominación do posto: dirección do equipo de xestión da investigación.
Centro: Xerencia.
Grupo: A1/A2.
Complemento de destino: 28.
Complemento específico mensual: 1.535,46 €.
Forma de provisión: libre designación.
Escala: escala xeral/escala técnica.
Requisitos: funcionario/a de carreira da escala xeral/escala técnica con destino definitivo na Universidade da Coruña.