Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 13 de xullo de 2023 Páx. 43402

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 29 de xuño de 2023 polo que se notifica a resolución de arquivamento do expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/18/2016-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 20 de abril de 2023, resolución pola que se resolve arquivar o expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/18/2016-RP1, xa que está restituída a legalidade urbanística.

Ao non podérselle realizar a notificación persoal daquela resolución ao interesado con documento nacional de identidade 76771966J, mediante este anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado a devandita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas na rúa dos Camiños da Vida, s/n, 1º andar, no Edificio Witland, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, entenderase producida a notificación.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2023

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística