Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 13 de xullo de 2023 Páx. 43394

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 30 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-CO-0314/2023-V e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-0314/2023-V e tres máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións computarase desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de 15 días para achegaren cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuar alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, este poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 do Lei 39/2015, do 1 do outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 30 de xuño de 2023

Mª José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Núm. de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-0314/2023-V

76321850F

Inicio

Prado da Viña, 10, 15155 Fisterra (A Coruña)

PSC-CO-0317/2023-ACU

52452596S

Inicio

Lugar Igrexa, 21, Cespón, 15990 Boiro (A Coruña)

PSC-CO-0366/2023-V

52938137A

Inicio

Praza Valle Inclán, 3, 15940 A Pobra do Caramiñal (A Coruña)

PSC-CO-0406/2023-V

32787104Y

Inicio

San Vicente, 11, 2º dta, 15007 A Coruña