Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 13 de xullo de 2023 Páx. 43392

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 30 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública o proxecto de ordenación forestal da Sofor Santa Juliana, S.L. e o seu estudo de impacto ambiental ordinario, no concello da Fonsagrada (código PO-00011150H).

De conformidade co artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, sométese ao trámite de información pública o proxecto de ordenación forestal PO-00011150H, así como o seu estudo de impacto ambiental ordinario, da Sofor Santa Juliana, S.L., na parroquia de Santiago de Cereixido, no concello da Fonsagrada.

Durante o prazo de trinta días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a documentación está ao dispor do público, para a súa consulta, nas oficinas do Servizo de Montes de Lugo (rolda da Muralla, 70, baixo 2º) e na seguinte ligazón:

https://mediorural.xunta.gal/es/temas/desarrollo-rural/avaliacion-de-impacto-ambiental/informacion-publica-de-eia

Para os efectos deste expediente, o órgano substantivo é a Dirección Xeral de Ordenación Forestal.

Durante o prazo sinalado, as alegacións, suxestións ou observacións dirixiranse á Xefatura Territorial do Medio Rural de Lugo a través de calquera rexistro previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 30 de xuño de 2023

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo