Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 13 de xullo de 2023 Páx. 43390

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 28 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza o propietario da zona de concentración parcelaria de Grixalba, Sobrado, para ser notificado por comparecencia dunha resolución que modifica o acordo de concentración da zona.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o propietario da zona de concentración parcelaria de Grixalba (Sobrado, A Coruña) que figura no anexo para ser notificado por comparecencia dunha resolución que modifica o acordo de concentración que o afecta.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para consultar o expediente poderá pórse en contacto co Servizo de Infraestruturas Agrarias chamando ao teléfono 981 18 46 35, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 28 de xuño de 2023

José Manuel Santos Maneiro
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nome

Acto notificado

Pedro Sánchez

RDX 23.5.2023