Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 11 de xullo de 2023 Páx. 42753

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 23 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, da convocatoria para o levantamento de actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo proxecto dunha instalación eléctrica no concello de Carballedo (expediente IN407A 2022/231-2).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto da seguinte instalación eléctrica: instalación reconectador TC en LMTA PRS803 no apoio nº 9-2 (Carballedo) (Lugo), segundo se sinala no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade que invocan.

Lugo, 23 de xuño de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Denominación: instalación reconectador TC en LMTA PRS803 no apoio nº 9-2 (Carballedo) (Lugo).

Convocatoria de levantamento de actas previas: concello de Carballedo.

Expediente: IN407A 2022/231-2.

Predio

Políg.

Parc.

Lugar

Cultivo

Propietario

Apoio nº

Sup. (m2)

Data do acto

Hora do acto

Concello

1

73

349

Souto

Monte alto

Fiscal Audiencia Provincial (Representa a Emilio Vázquez González)

92

10.0

21.9.2023

10.00

Carballedo