Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 11 de xullo de 2023 Páx. 42719

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello do Grove (expediente IN407A 2023/275-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio Social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTA, substitución do apoio 9OJ2X3I6//10-2 na VLG806 e ITC.

Situación: concello do Grove.

Características técnicas:

– Substitución do apoio de formigón existente 9OJ2X3I6//10-2 por un apoio de celosía C-1000/14 e retensado do van VLG8064090 augas arriba do apoio proxectado.

– Liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor LA-56, de 58 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-1000/14 na LMT VLG8064090 e final no apoio existente 9OJ7FPUC//10-3.

– Instalación de un interruptor telecontrolado (ITC) no apoio proxectado C-1000/14 e retíranse os XS 36HHL7 situados no apoio 9OJ7FPUC//10-3.

– A instalación está situada en Pardiños, no concello do Grove (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Industria e Innovación (https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica?langId=gl_ES) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 19 de xuño de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2023/275-4.

Denominación: LMTA, substitución do apoio 9OJ2X3I6//10-2 na VLG806 e ITC.

Concello: O Grove.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio (m2)

1

Senra

Rústico

36022A009001530000EZ

Jacobo Garrido

1,44