Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 11 de xullo de 2023 Páx. 42677

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación, pola que se redistribúen os créditos orzamentarios recollidos na Orde do 3 de xaneiro de 2023 pola que se establecen, para o período 2023-2025, as bases reguladoras polas que se rexerán as accións formativas do Plan de formación para o emprego (persoas traballadoras ocupadas) e se realiza a súa primeira convocatoria para os exercicios 2023-2024 (código de procedemento TR302A).

Mediante a Orde do 3 de xaneiro de 2023, que se publicou no Diario Oficial de Galicia número 27, do 8 de febreiro, establecéronse as bases reguladoras para a concesión de subvencións no marco do Plan de formación para o emprego (persoas traballadoras ocupadas) e realizouse a súa convocatoria para os exercicios 2023 e 2024 (código de procedemento TR302A).

No artigo 45 desta orde recóllese o financiamento das axudas previstas, con cargo ás aplicacións orzamentarias 11.50.323B.471.0 e 11.50.323B.481.0, código de proxecto 2013 00493, cunha contía inicial de 7.772.334,00 €, distribuída entre as anualidades 2023 (3.772.334,00 €) e 2024 (4.000.000,00 €).

Unha vez instruídos os expedientes e obtida a relación de accións formativas que van ser subvencionadas, xa que cumpren coas condicións establecidas nas bases reguladoras e resultaron seleccionadas por aplicación dos criterios de avaliación recollidos no artigo 15 das citadas bases, cómpre realizar unha redistribución do crédito entre as distintas aplicacións orzamentarias, en función do tipo de entidade que vai impartir a formación (empresas privadas ou entidades sen ánimo de lucro).

De acordo co disposto no artigo 31 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro) cando a contía total máxima das subvencións convocadas se distribúa entre distintos créditos orzamentarios, a alteración da devandita distribución non precisará de nova convocatoria pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

Por todo o anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Modificar o crédito destinado ás axudas convocadas na Orde do 3 de xaneiro de 2023 pola que se establecen, para o período 2023-2025, as bases reguladoras polas que se rexerán as accións formativas do Plan de formación para o emprego (persoas traballadoras ocupadas) e se realiza a súa primeira convocatoria para os exercicios 2023-2024 (código de procedemento TR302A), redistribuíndo o crédito previsto na dita orde para as anualidades 2023 e 2024 da seguinte maneira, sen variar o orzamento total:

Anualidade 2023

Aplicación orzamentaria

Código de proxecto

Orzamento inicial

Modificacións

Orzamento final

11.50.323B.471.0

2013 00493

2.844.092,00 €

614.570,87 €

3.458.662,87 €

11.50.323B.481.0

2013 00493

928.242,00 €

-614.570,87 €

313.671,13 €

Total

3.772.334,00 €

3.772.334,00 €

Anualidade 2024

Aplicación orzamentaria

Código de proxecto

Orzamento inicial

Modificacións

Orzamento final

11.50.323B.471.0

2013 00493

2.137.114,00 €

970.053,27 €

3.107.167,27 €

11.50.323B.481.0

2013 00493

1.862.886,00 €

-970.053,27 €

892.832,73 €

Total

4.000.000,00 €

4.000.000,00 €

Segundo. Esta modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará apertura de prazo para presentar novas solicitudes.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2023

Zeltia Lado Lago
Directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación