Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 11 de xullo de 2023 Páx. 42765

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 26 de xuño de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se lles comunican aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado relativos á revisión do esbozo do expediente 91/80 e catro máis.

Como consecuencia da entrada en vigor da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e coa finalidade de levar a cabo o establecido na disposición transitoria décimo terceira con respecto á revisión de esbozos de montes veciñais en man común, o xurado, na reunión do 17.9.2012, acordou solicitar ao Servizo de Montes a realización de propostas de revisión e elaboración de cartografías actualizadas dos montes veciñais da provincia susceptibles de tal adecuación.

En relación con isto, na sesión do xurado provincial o día 14.6.2023 figuran os seguintes acordos:

– MVMC Cotá (exp. 91/80), pertencente aos veciños da parroquia de Cotá (agás os lugares de Coido e Pena), no concello de Friol.

O 10.12.2021 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Cotá para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan.

O 10.5.2023, o Servizo de Montes elaborou unha proposta de novo esbozo (2021_45) na cal a superficie do monte de Cotá pasa a ser de 189,78 ha.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo I do final deste anuncio.

– MVMC Coro (exp. 44/77), pertencente aos veciños do lugar de Coro, na parroquia de Rao, concello de Navia de Suarna.

O 14.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Coro para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan.

O 8.5.2023, o Servizo de Montes elaborou unha proposta de novo esbozo (2022_72) na que a superficie do monte de Coro pasa a ser de 398,11 ha. Esta revisión ten en conta o deslindamento por avinza co MVMC Ventosa.

Unha vez examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo II, ao final deste anuncio.

– MVMC Pol (exp. 46/73), pertencente aos veciños da parroquia de Pol (San Cibrán), no concello de Monterroso.

O 21.9.2022 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Pol para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan.

O 9.5.2023, o Servizo de Montes elaborou unha proposta de novo esbozo (2022_96) na que a superficie do monte de Pol pasa a ser de 293,19 ha. Esta revisión ten en conta o deslindamento por avinza co MVMC Vacaloura e Fido.

Unha vez examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo III, ao final deste anuncio.

– MVMC San Vicente (exp. 11/77), pertencente aos veciños da parroquia de San Vicente de Pena, no concello de Begonte.

O 22.10.2021 tivo entrada unha solicitude da comunidade de San Vicente de Pena para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a proposta que achegan.

O 30.5.2023, o Servizo de Montes elaborou unha proposta de novo esbozo (2021_38) en que a superficie do monte de San Vicente pasa a ser de 90,05 ha.

Unha vez examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo IV, ao final deste anuncio.

– MVMC Pedrafita (exp. 36/75), pertencente aos veciños da parroquia de Pedrafita, no concello de Guitiriz.

O 30.7.2020 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Pedrafita para que se proceda á revisión do esbozo do monte veciñal, conforme a proposta que achegan e que foi aprobada na asemblea da comunidade o 8.11.2019.

Contra a dita proposta foron presentadas alegacións nas cales varios interesados reclaman terreos afectados pola revisión do esbozo.

Tras examinar as alegacións, o 20.5.2023, o Servizo de Montes elaborou unha memoria (2020_37) en que conclúe que, agás o predio denominado Campo, inscrito no Rexistro da Propiedade, o resto dos terreos reclamados, debido á inconsistencia ou insuficiencia da documental achegada polos alegantes, mantéñense dentro da proposta presentada pola comunidade. No novo esbozo, incluído na citada memoria, o monte de Pedrafita pasa a ser de 523,94 ha.

Unha vez examinada a devandita proposta e de acordo coa memoria do Servizo de Montes, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo V, ao final deste anuncio.

Contra estes acordos, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 26 de xuño de 2023

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Lugo

missing image file

anexo I

Esbozo revisado do MVMC Cotá (Friol)

anexo II

Esbozo revisado do MVMC Coro (Navia de Suarna)

missing image file
missing image file

anexo III

Esbozo revisado do MVMC Pol (Monterroso)

missing image file

anexo IV

Esbozo revisado do MVMC San Vicente (Begonto)

missing image file

anexo V

Esbozo revisado do MVMC Pedrafita (Guitiriz)