Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 10 de xullo de 2023 Páx. 42615

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANUNCIO do 28 de xuño de 2023 polo que se notifica a resolución sobre a incorporación de predios ao Banco de Terras e a resolución sobre a adxudicación da cesión temporal de predios.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se indican no anexo deste anuncio a resolución sobre a incorporación de predios ao Banco de Terras e a resolución sobre a adxudicación da cesión temporal de predios.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU).

As persoas interesadas poden coñecer o texto íntegro do documento que se notifica nas dependencias da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (lugar da Barcia, nº 56, Laraño, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2023

Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Expediente

Procedemento

DNI

Acto que se notifica

20163200043

Incorporación de predio con vocación agraria ao Banco de Terras de Galicia

33187696F

Resolución sobre a incorporación de predios ao Banco de Terras

20163200044

Incorporación de predio con vocación agraria ao Banco de Terras de Galicia

33187696F

Resolución sobre a incorporación de predios ao Banco de Terras

20141500411-2021-11149

Arrendamento de predio rústico incorporado ao Banco de Terras de Galicia

52938062C

Resolución sobre a adxudicación da cesión temporal de predios