Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 10 de xullo de 2023 Páx. 42621

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública da modificación puntual do Plan parcial do SUNP-7 (O Avío) (expediente 2022/37624G).

A Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago de Compostela, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 15 de maio de 2023, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar inicialmente a modificación puntual (MP) do Plan parcial do SUNP7 (O Avío), segundo o proxecto presentado o día 9 de maio de 2023, por María del Carmen Míguez Rodríguez, redactado polos arquitectos Manuel Carbajo e Celso Barrios. O ámbito territorial obxecto da modificación proposta limítase á parcela catastral 000800500NH34H0001JH, sita no número 7 da rúa de Vite de Arriba.

Segundo. En aplicación do procedemento regulado nos artigos 75 da Lei 2/2016 do solo de Galicia (LSG) e 186 do seu regulamento (RLSG), a modificación puntual inicialmente aprobada someterase a información pública, durante o prazo de dous meses, mediante anuncios que para o efecto se publicarán no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación na provincia. Simultaneamente, practicarase notificación persoal aos propietarios das parcelas afectadas, segundo figuren no Catastro.

Durante o trámite de información pública darase traslado ás empresas subministradoras de servizos e solicitaranse os informes sectoriais preceptivos.

O que se publica co fin de que, durante o prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, os interesados poidan consultar o expediente e formular as alegacións que xulguen oportunas. A documentación sometida a exposición pública estará ao dispor dos interesados no Servizo de Planeamento e Xestión Urbanística do Concello de Santiago (Pazo de Raxoi, 2º andar), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas; e na páxina web do Concello https://transparencia.santiagodecompostela.gal/Modificacion-puntual-Plan-parcial-SUNP7.-O-Avio/gl

As alegacións poderán presentarse na sede electrónica do Concello de Santiago de Compostela na epígrafe «Catálogo de trámites» a través do trámite «Presentación de documentación e alegacións» e da opción «Achega libre». Deberase introducir o dato 2022/37624G no campo «Referencia» e incorporar o documento das alegacións.

Tamén se poderán presentar as alegacións por calquera dos outros medios relacionados no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2023

O alcalde en funcións
P.D. (DEC/4742/2019, do 17 de xuño)
Mercedes Rosón Ferreiro
Concelleira delegada de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica