Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 10 de xullo de 2023 Páx. 42604

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 27 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se lles notifica a varios interesados a solicitude de declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Cervantes (expediente IN407A 2023/14-2).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselles a todas as persoas interesadas a declaración de utilidade pública do proxecto LMTA, CTI e RBT San Román II (Cervantes), segundo se sinala no cadro anexo.

Asemade, infórmase de que o expediente correspondente á instalación de referencia está á súa disposición, durante un prazo de trinta (30) días, nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de Lugo, na rolda da Muralla, 70, 2º baixo (Servizo de Enerxía e Minas).

O proxecto tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación na seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/cervantes4

Lugo, 27 de xuño de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de LMTA, CTI e RBT San Román II (Cervantes).

Concello: Cervantes (Lugo).

Expediente: IN407A 2023-14-2.

Declaración de utilidade pública

Predio

Propietario

Políg.

Parc.

Lugar

Cultivo

Apoio nº

Apoio cantidade

Sup. (m2)

Voo (lonx.)

Voo
(sup. m2)

1

María García Ríos

11

120

Tallos de Curraes

Monte alto

47-13-1

1

2

22

290

4

María García Ríos

11

138

Tallos de Penedo

Monte alto

9

140