Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 10 de xullo de 2023 Páx. 42597

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello do Porriño (expediente IN407A 2023/258-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTA e CTI O Penedo-Chenlo.

Situación: O Porriño.

Características técnicas:

Liña de media tensión aérea (LMTA) a 15 kV, con condutor LA-56, de 82 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente A1PP1KK2//T16-30-7 no tramo ATI7270436 da LMT ATI727 COG. Madeiras Piñeiro Mercantil 27 e final no apoio proxectado C 12/2000, con matrícula T16-30-7-2-CT.

Centro de transformación intemperie (CTI) sobre o apoio proxectado C 12/2000, con matrícula T16-30-7-2-CT, a 160 kVA, con relación de transformación 15 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36039A037013360000DD, no lugar de Leira-Eido.

A instalación está situada no lugar do Penedo, na parroquia de Chenlo, no concello do Porriño (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, na avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto está á disposición do público para a súa consulta no Portal da Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 15 de xuño de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2023/258-4.

Denominación: LMTA e CTI O Penedo-Chenlo.

Concello: O Porriño.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio

Afeccións

m2

ml aér.

m2 aér.

1

Mui Crego

Prado

36039A037013450000DZ

María Alonso Mosende

1

1,00

19,17

308,55

2

Mui Cabras

Labor

36039A037013460000DU

Descoñecido/a

1

1,00

5,33

85,38

3

Barxa

Labor

36039A037013470000DH

Descoñecido/a

5,60

89,15

4

Mui Crego

Prado

36039A037013410000DI

Consuelo Guisande

12,69

203,83

5

Mui Crego

Prado

36039A037013390000DJ

Descoñecido/a

4,87

73,90

6

Mui Crego

Prado

36039A037013380000DI

Descoñecido/a

2,50

42,72

7

Leira do Eido

Viña

36039A037013420000DJ

Osorio Moreno

9,08

8

Leira do Eido

Viña

36039A037013360000DD

Osorio Moreno

1

2,00

105,60

404,22