Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 10 de xullo de 2023 Páx. 42618

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 27 de xuño de 2023, da Xerencia da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, pola que se lles notifica ás persoas relacionadas a facturación ao seu nome de servizos sanitarios prestados neste centro no caso de non achegaren os datos necesarios para facturar ao terceiro obrigado ao pagamento.

Pola presente cédula, e debido a que os abaixo relacionados non se atoparon nos domicilios que figuran nos rexistros do Hospital Público da Mariña, ou que se alegaron distintas causas para non recibir as notificacións por parte das persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselles ás persoas incluídas na relación que se insire que segundo o recollido no anexo IX do Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos do Sistema Nacional de Saúde e o procedemento para a súa actualización, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade, e na disposición adicional 22 do texto refundido da Lei xeral de Seguridade Social, aprobado mediante o Real decreto lexislativo, 1/1994, do 20 de xuño, de non presentar no prazo de 10 días os datos e a documentación necesaria para poder facturar ao terceiro obrigado ao pagamento a asistencia sanitaria que lle foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais correrán pola súa conta, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 56/2014, do abril (DOG núm. 96, do 21 de maio), polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, polo que se emitirá factura de gastos sanitarios ao seu nome.

Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación que hai que achegar deberán poñerse en contacto co Servizo de Facturación deste centro sanitario no teléfono 982 58 99 97.

Para que conste, sirva de notificación ao interesado, e en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, firmo e selo esta cédula, quedando supeditada a eficacia desta notificación á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Burela, 27 de xuño de 2023

Ramón Ares Rico
Xerente da Area Sanitaria de Lugo, A Mariña e
Monforte de Lemos

anexo

Suxeito pasivo

DNI/NIF

Popa --- Gheorghe Florin

De Jesus Afonso Luiz Paulo

Lugo Nuñez Librada Paola

Ennali --- Brahim

Cabrera Jaime Lurdes Milagritos

033552625H

X06022326Y