No BOP de Lugo con números 130 e 137, do 8 e 16 de xuño de 2023, respectivamente, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para cubrir a seguinte praza:
a) Persoal funcionario/a de carreira.
Denominación: auxiliar administrativo/a.
Grupo: C2.
Nivel c.d.: 15.
Número de prazas: 1.
Duración do contrato: funcionario/a de carreira.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Xove.
Xove, 19 de xuño de 2023
José Demetrio Salgueiro Rapa
Alcalde