Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 7 de xullo de 2023 Páx. 42445

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 23 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública o expediente de extinción do convenio de Borducelo, número de elenco 2717538, do concello de Riotorto (expediente 36/2022).

O 17 de novembro de 1993 asinouse o convenio de Borducelo, 2717538, subscrito entre a Consellería de Agricultura, Gandaría e Montes e José García Murado, José Mª Rivas Díaz e Benigno López García, en virtude do poder notarial outorgado en Meira o 17 de xullo de 1993. A superficie conveniada foi de 25 ha.

No poder notarial figuran como apoderados José García Murado, José Mª Rivas Díaz e Benigno López García e como poderdantes Aurora Rodríguez Leivas, Luciano Veiga Linares, Gimena Castrillón Leivas, Mª del Carmen Señor Veiga, Esterio Rivas Álvarez, Elisa Fernández Fernández, Delfín Fernández Fernández, Francisco Fernández Díaz, Inés Linares Castrillón, Manuel Freijo Sobrado, Estanislao Rico Fernández, José Mª Rivas Díaz, Antonio Carreira Leivas, Marina Fernández Linares, Isidoro Legaspi Linares, Mª Azucena Rodríguez Leivas, Mª Libia Fernández Gómez e Salustiano Veiga Cotarelo.

O 11 de maio de 2018 tivo entrada no Rexistro Xeral de Xunta de Galicia un escrito de Francisco Veiga García, no cal manifesta que é propietario dun terreo do monte Borducelo e solicita a extinción do convenio de Borducelo, número de elenco 2717538.

O 28 de febreiro de 2022 tivo entrada no Rexistro Xeral de Xunta de Galicia un escrito de Francisco Manuel Veiga García no cal solicita a extinción do convenio de Borducelo, número de elenco 2717538. Xunta a este escrito as solicitudes individuais de José Mª Fernández Díaz, Mª Soledad Rivas Canteiro, José Manuel Veiga Otero, Francisco Veiga García, Noelia García Rivas, Mª Isabel Rivas Enríquez, Manuel Freijo Abraira, Ramón Rivas Fernández, José Ramón Fernández Díaz, José Antonio Rico Rey, Eladio Díaz Veiga, Oliverio Leivas Fernández, Purificación Díaz Linares, Josefa Leivas Fernández, Mª Colombina Leivas Fernández e Inés Leivas Fernández.

O 26 de maio de 2023 o técnico do Distrito X A Terra Chá emite un informe sobre o estado forestal do ámbito deste convenio.

En aplicación da disposición transitoria cuarta da Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, o 26 de maio de 2023 o xefe do Servizo de Montes de Lugo certifica que o convenio de Borducelo, con número de elenco 2717538, non presenta saldo debedor.

A Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, derrogou a disposición transitoria novena da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e regulou na disposición transitoria cuarta (modificada no seu número 1 polo artigo 17 da Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas) a cancelación e finalización dos consorcios e convenios de repoboación forestal existentes no momento da súa entrada en vigor:

«Disposición transitoria cuarta. Montes con consorcios ou convenios coa Administración

1. Os consorcios ou convenios de repoboación coa Administración forestal existentes nos montes no momento da entrada en vigor desta lei serán obxecto de:

a) Cancelación de oficio nun prazo que rematará o 31 de decembro de 2023, nos casos seguintes:

– Montes que non presenten saldo debedor na data de entrada en vigor desta lei ou en calquera momento dentro do prazo máximo estipulado.

b) Finalización nun prazo que terminará o 31 de decembro de 2023, momento en que deberá asinarse un contrato temporal de xestión pública que substitúa o consorcio ou o convenio finalizado».

Por todo o anterior, vaise propoñer á Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal a extinción do convenio de Borducelo, 2717538.

De acordo co establecido no artigo 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sométese a información pública o expediente de extinción do convenio de Borducelo, número de elenco 2717538, do concello de Riotorto (Lugo). O acto adoptouno a xefa territorial.

Durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a documentación deste expediente está dispoñible ao público, para a súa consulta, no Servizo de Montes de Lugo (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, e na páxina web da Consellería do Medio Rural (https://mediorural.xunta.gal/gl/recursos/anuncios).

Durante o prazo sinalado, as alegacións, suxestións ou observacións serán dirixidas á Xefatura Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural a través de calquera rexistro previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 23 de xuño de 2023

Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo