Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 6 de xullo de 2023 Páx. 41891

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2023 pola que se aproba e se fai pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para cubrir unha praza da categoría profesional de cociñeiro/a, grupo III, pola quenda de promoción interna.

Mediante a Resolución reitoral do 16 de maio de 2023 (DOG do 1 de xuño) convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de cociñeiro/a, grupo III, pola quenda de promoción interna. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes,

resolvo:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas pola quenda de promoción interna ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a listaxe provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen emendar os defectos que motivaron a exclusión ou a omisión.

Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas do Catálogo de procedementos na seguinte ligazón: https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalLaboral.htm

Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a ser incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Sexto. Nomear, en aplicación da base 5.1 da convocatoria, o tribunal do proceso selectivo. Estará composto polas seguintes persoas:

Tribunal titular:

Presidenta:

– Marina Ares Mato, persoal laboral fixo do grupo III da USC.

Vogais:

– Jenaro Fieira Noya, profesor técnico de formación profesional da Xunta de Galicia.

– Pilar Riveiro López, persoal laboral fixo do grupo III da USC.

– María Dolores López Pedrouso, persoal laboral fixo do grupo III da USC.

Secretario:

– Manuel Boquete Botana, funcionario de carreira da escala administrativa da USC, que actuará con voz e voto.

Tribunal suplente:

Presidente:

– Ramiro Esparís Sampedro, profesor técnico de formación profesional da Xunta de Galicia.

Vogais:

– José Antonio Vieites Quintás, profesor técnico de formación profesional da Xunta de Galicia.

– Martín Cacheiro Martínez, persoal laboral fixo do grupo I da USC.

–Ana María García Arrese, persoal laboral fixo do grupo III da USC.

Secretario:

–José Manuel Caamaño Jerez, funcionario de carreira da escala administrativa da USC, que actuará con voz e voto.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2023

Antonio López Díaz
Rector da Universidade de Santiago de Compostela