Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 5 de xullo de 2023 Páx. 41621

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANUNCIO do 22 de xuño de 2023 polo que se someten a exposición pública as actuacións do polígono agroforestal de iniciativa pública de Cualedro, no concello de Cualedro (Ourense).

Procedemento: aprobación de polígonos agroforestais de iniciativa pública.

Expediente: PA-21-02.

En cumprimento do disposto no artigo 91 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, sométese a exposición pública, na páxina web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e no taboleiro de edictos do Concello de Cualedro, a documentación resultante das actuacións do polígono agroforestal de iniciativa pública de Cualedro, polo prazo de vinte (20) días hábiles contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para os efectos de que calquera persoa interesada poida coñecer as actuacións.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2023

Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural