Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 5 de xullo de 2023 Páx. 41610

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2023, da Direción Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo 4042/2023, interposto contra a Resolución do 18 de outubro de 2022 de aprobación definitiva da modificación puntual número 22 das normas subsidiarias de planeamento municipal do concello de Vilanova de Arousa.

Neste centro directivo recibiuse oficio da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo número 4042/2023, interposto contra a Resolución do 18 de outubro de 2022 de aprobación definitiva da modificación puntual número 2 das normas subsidiarias de planeamento municipal do concello de Vilanova de Arousa, no cal se solicita a remisión do expediente administrativo e o emprazamento das persoas interesadas no expediente correspondente.

Para os efectos de formalizar o solicitado no oficio, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo acordou remitir o expediente ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas nos procedementos, emprazándoas para que poidan comparecer como demandadas nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2023

Mª Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo