Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 5 de xullo de 2023 Páx. 41579

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega da Calidade Alimentaria

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2023 pola que se fan públicos os resultados do proceso selectivo extraordinario de estabilización, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso como persoal laboral fixo na praza de xefatura de negociado referenciada no anexo I do Decreto 79/2022, do 25 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público extraordinaria de prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia, correspondente ao proceso de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, e de prazas de persoal laboral obxecto de funcionarización, de conformidade coa Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e se propón a persoa seleccionada.

No Diario Oficial de Galicia do 29 de decembro de 2022 publicouse o Anuncio do 28 de decembro de 2022 polo que se convoca o proceso selectivo para a cobertura, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, dunha praza de xefe/a de negociado (categoría 002 do grupo III) con destino na Xerencia da Axencia Galega da Calidade Alimentaria.

O prazo de presentación de solicitudes, de 20 días hábiles, iniciouse o 16.1.2023, ás 00.00 horas e rematou o 10.2.2023 ás 23.59. Transcorrido este prazo, de acordo coa prescrición do artigo 7 das bases, o día 1.3.2023 publicouse a lista provisional de admitidos e excluídos, así como a lista de aspirantes pendentes de acreditar a posesión do título Celga 4, e abriuse un prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación, para a presentación de emendas. Rematado o prazo outorgado sen constar ningunha emenda, o 30.3.2023 publicouse a lista definitiva.

O 12.5.2023 publicouse a Resolución do 2 de maio de 2023, da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, pola que se nomean os membros das comisións de selección das prazas de persoal laboral adscritas á Axencia Galega da Calidade Alimentaria, referenciadas no anexo I do Decreto 79/2022, identificando unha Comisión A para a selección da persoa que ocupará a praza da xefatura de negociado (grupo III, categoría II), adscrita á Xerencia da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Santiago de Compostela), e outra Comisión B, para a selección das persoas que ocuparán as dúas prazas de titulado/a superior investigador/a (grupo I, categoría IV), adscritas ao Centro de Investigación Forestal de Lourizán, e as dúas de doutor/a investigador/a (grupo I, categoría IV), adscritas ao Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo.

O 16.6.2023, a presidencia da Comisión A asinou a resolución pola que se comunican as puntuacións definitivas do concurso para a selección da persoa que ocupará a praza da xefatura de negociado e se propón a selección da única candidata admitida.

Por todo o exposto, o presidente da Axencia, no exercicio das competencias previstas no artigo 13 do Decreto 52/2018 polo que se crea a Axencia Galega da Calidade Alimentaria e se aproban os seus estatutos

RESOLVO:

Primeiro. Puntuacións definitivas e proposta

Publicar a puntuación definitiva comunicada pola Comisión de selección A para a selección da persoa que ocupará a praza da xefatura de negociado (grupo III, categoría II), adscrita á Xerencia da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Santiago de Compostela) e a proposta de selección consecuente.

Apelidos e nome

DNI

Experiencia

Formación

Total

1A)

1B)

Cursos

Gal

Monje Santos, Susana Camino

****915**

51

5,75

20

5

81,75

Segundo. Selección

Aprobar a selección de Susana Camino Monje Santos para ocupar a praza da xefatura de negociado (grupo III, categoría II), adscrita á Xerencia da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Santiago de Compostela).

Terceiro. Entrada en vigor

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Impugnación

Contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ante o presidente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, nos termos previstos nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, perante o órgano competente da orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, nos termos previstos na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2023

José Luis Cabarcos Corral
Director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria