Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 5 de xullo de 2023 Páx. 41644

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 19 de xuño de 2023 polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada, por comparecencia, nun expediente de reclamación de débeda por non pagamento dunha praza de garaxe de promoción pública e outras causas.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo, para ser notificada por comparecencia.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro da notificación deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, no Servizo de Réxime Xurídico e Inspección do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Área Central s/n, As Fontiñas, Santiago de Compostela, de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2023

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente

Nome e apelidos

C 87502 garaxe núm. 166

Benigno Bardanca Ogando

Acto obxecto de notificación:

Notificación da liquidación da débeda correspondente á praza de garaxe de promoción pública adquirida ao Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Trátase dun acto de mero trámite, polo que de conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 39/2015, non poderá interpoñerse recurso ningún.