Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 4 de xullo de 2023 Páx. 41400

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 20 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se comunican a data de ocupación e o requirimento das follas de valoración por expediente de expropiación no concello de Rubiá (expediente IN407A 2022/91-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento de expropiación sobre o ben e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT 132 kV San Martín-Carucedo DAR AP100, no concello de Rubiá, correspondentes ao predio e titularidade que se sinala no cadro anexo.

Ourense, 20 de xuño de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Número de expediente: IN407A 2022/91-3.

Instalación: LAT 132 kV San Martín-Carucedo DAR AP100.

Concello: Rubiá.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Incidencia

Data de ocupación

3

Pinguela

32074A00502945

Herdeiros de Aurora Fernández Núñez

Enderezo descoñecido

14.6.2023