Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 4 de xullo de 2023 Páx. 41395

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 20 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente sancionador en materia de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia ANI-CO-0012/2023-V.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal dúas veces, son emprazadas as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia.

Polo que, por medio deste anuncio, os actos administrativos, ditados en relación cos procedementos sancionadores en materia de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia (Lei 4/2017, do 3 de outubro, DOG núm. 194, do 11 de outubro e BOE núm. 263, do 30 de outubro), sonlles notificados ás persoas indicadas no anexo.

Para o coñecemento íntegro de tal acto e a constancia deste, as ditas persoas interesadas, poderán comparecer no prazo e lugar que se sinalan a continuación:

– No prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

– Na sede deste servizo provincial, situado na rúa Vicente Ferrer, 2, andar 8º, ala sur, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Despois de transcorrer o dito prazo sen que se efectúe a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

A Coruña, 20 de xuño de 2023

A xefa territorial da Coruña
P.S. (Resolución do 16.6.2023)
José David Gómez Brandaríz
Xefe do Servizo de Patrimonio Natural da Coruña

ANEXO

Expediente

Persoa interesada / DNI / NIE / NIF

Acto de notificación

ANI-CO-0012/2023-V

DNI 32647970-E

Acordo de inicio