Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 4 de xullo de 2023 Páx. 41264

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 16 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para a preinscrición, admisión, matrícula e organización académica nas escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso 2023/24.

Tras advertir erros na dita resolución, que se publicou no Diario Oficial de Galicia número 102, do mércores 31 de maio de 2023, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 33079, onde di: «Para esta modalidade, os cursos de nivel integrado A2 impartiranse no primeiro cuadrimestre e as probas de certificación realizaranse no mes de febreiro. Os cursos de nivel B1 impartiranse no segundo cuadrimestre e as probas de certificación realizaranse no mes de xuño», debe dicir: «Para esta modalidade, os cursos de nivel integrado A2 impartiranse no primeiro cuadrimestre e os de nivel B1, no segundo. As probas de certificación para cada nivel realizaranse ao remate do cuadrimestre correspondente».

Na páxina 33087, onde di: «O alumnado dos cursos ordinarios terá dereito a unha convocatoria de probas ordinaria que terá lugar, con carácter xeral, na primeira quincena do mes de xuño, e outra, extraordinaria, que se realizará a partir do 20 de xuño de 2024. Nos cursos intensivos e de nivel integrado que se realicen no primeiro cuadrimestre, a convocatoria ordinaria será no mes de febreiro e a extraordinaria será na primeira quincena do mes de xuño», debe dicir: «O alumnado dos cursos ordinarios terá dereito a unha convocatoria de probas ordinaria que terá lugar, con carácter xeral, na primeira quincena do mes de xuño, e outra extraordinaria, que se realizará a partir do 20 de xuño de 2024. Nos cursos intensivos e de nivel integrado que se realicen no primeiro cuadrimestre a convocatoria ordinaria será ao remate do primeiro cuadrimestre e a extraordinaria coincidindo coa convocatoria ordinaria dos cursos anuais».