Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 3 de xullo de 2023 Páx. 41243

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2023 pola que se fai pública a formalización da encarga coa Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) para a execución do proxecto OH.327.693 de ampliación da rede de saneamento no camiño de Saavedra, do barrio do Marco, na parroquia de Carral, Begonte (Lugo) (clave de expediente ENC. 23004), actuación financiada ao 100 % do gasto elixible, no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19.

En cumprimento do disposto no artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, cómpre dar publicidade da formalización da encarga subscrita cunha empresa pública na súa consideración de medio propio personificado da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades instrumentais do sector público autonómico. O expediente tramitouse ao abeiro do establecido nos artigos 8, 10 e 13 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico, en relación cos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, nos artigos 31 e 32 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, e segundo o disposto na demais normativa que resulta de aplicación:

1. Datos xerais.

1.1. Entidade que confire a encarga: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.

1.4. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

1.5. Código NUTS: ES111.

1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7. Fax: 981 95 74 03.

1.8. Teléfono: 981 95 74 01.

1.9. Enderezo da internet: https://augasdegalicia.xunta.gal/

1.10. Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal, e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

1.11. Actividade principal da entidade: infraestruturas e servizos hidráulicos.

1.12. Servizo do cal se poida obter información sobre a encarga formalizada.

1.12.1. Nome: Contratación de Augas de Galicia.

1.12.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.

1.12.3. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

1.12.4. Código postal: 15781.

1.12.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.12.6. Fax: 981 95 74 03.

1.12.7. Teléfono: 981 95 74 01.

2. Encarga a medio propio personificado.

2.1. Tipo de tramitación do expediente: encarga a medio propio personificado da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades instrumentais do sector público autonómico.

2.2. Obxecto: execución do proxecto de obra OH.327.693, ampliación da rede de saneamento no camiño de Saavedra, do barrio do Marco, na parroquia de Carral, Begonte (Lugo).

2.3. Clave do expediente: ENC. 23004.

2.4. Código/s CPV (referencia de nomenclatura): código/s CPV 45231300-8 (traballos de construción de tubaxes para auga e augas residuais); e CPV adicional/is 71311100-2 (servizos de asistencia en enxeñaría civil) .

2.5. Código/s NUTS do lugar principal de entrega ou de execución da prestación: ES112.

2.6. Empresa destinataria da encarga: Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), con NIF A70096557.

2.7. Data da autorización previa da Consellería do Medio Rural: 30 de maio de 2023.

2.8. Data de aprobación: 13 de xuño de 2023.

2.9. Data de formalización: 15 de xuño de 2023.

2.10. Data de publicación da formalización documental no perfil de contratante: 15 de xuño de 2023.

2.11. Orzamento e importe total previsto do gasto:

2.11.1. Orzamento: 228.706,24 euros (actuación non suxeita a IVE).

2.11.2. Importe total previsto do gasto: 228.706,24 euros. Coincide co orzamento da encarga.

2.12. Duración:

2.12.1. Prazo de execución: 4 meses.

2.12.2. Admisión de prórrogas da encarga: non proceden prórrogas con incremento do gasto.

2.12.3. Ampliación do prazo de execución: previsión da/s ampliación/s do prazo de execución da prestación sen incremento do gasto que sexa/n necesaria/s.

2.13. Procedementos de recurso: indicados na formalización documental da encarga publicada no perfil de contratante.

3. Información sobre se a actuación está relacionada cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea.

Esta actuación financiarase ao 100 % do gasto elixible, no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19. A actuación enmárcase dentro do programa operativo no eixe prioritario 20, Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía; prioridade de investimento 13.i, Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía; obxectivo específico 20.1.4, Apoio aos investimentos que contribúan á transición cara a unha economía verde; actuación 20.1.4.5, Mellora da eficiencia dos sistemas de saneamento, depuración e abastecemento de auga (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO). Operación de ampliación da rede de saneamento no camiño de Saavedra, do barrio do Marco, na parroquia de Carral, Begonte (Lugo).

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2023

Presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia