Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 3 de xullo de 2023 Páx. 41172

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2023 pola que se corrixen erros advertidos na Resolución do 7 de xuño de 2023, pola que se convoca o concurso de acceso a prazas de corpos docentes universitarios.

Advertidos erros na Resolución do 7 de xuño de 2023, pola que se convoca o concurso de acceso a prazas dos corpos docentes universitarios, publicada no DOG número 115, do 19 de xuño, e ao abeiro do establecido no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa rectificación nos seguintes termos:

No anexo I, nas prazas 23/003 á 23/012 debe dicir: «Prazas de promoción interna cuxos participantes deben cumprir os requisitos do artigo 71.2 da Lei orgánica do sistema universitario».

A Coruña, 23 de xuño de 2023

Julio Ernesto Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña