Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 3 de xullo de 2023 Páx. 41237

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 20 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se convocan as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Verea (expediente IN407A 2022/202-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada regulamentación de varios apoios en LMT CEL806 Bande-As Conchas, na casa do Concello de Verea, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, e exhibirán o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Ourense, 20 de xuño de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de persoas afectadas descoñecidas, de domicilio ignorado ou non notificadas

Nº de expediente: IN407A 2022/202-3.

Instalación: regulamentación de varios apoios en LMT CEL806 Bande-As Conchas.

Concello: Verea.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio núm.

Lugar

Titular

Lugar da convocatoria

Data

Hora

1

Puntillón

Descoñecido/a

Casa do Concello de Verea

18.9.2023

11.00

3

Campiños

Descoñecido/a

Casa do Concello de Verea

18.9.2023

11.05

4

Abada de Gontán

Descoñecido/a

Casa do Concello de Verea

18.9.2023

11.10