Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 30 de xuño de 2023 Páx. 40860

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 5 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, polo que se somete a información pública o procedemento ACA 1/2023, relativo á concesión da autorización comercial autonómica para a implantación dun establecemento comercial colectivo en Santiago de Compostela, promovido por Terras do Sar, S.L.

De conformidade co disposto no artigo 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, e no artigo 15.2 do Decreto 211/2012, do 25 de outubro, polo que se regula o procedemento para a obtención da autorización comercial autonómica, iníciase o trámite de información pública, como parte integrante do procedemento para a obtención da autorización comercial autonómica para a a implantación dun establecemento comercial colectivo en Santiago de Compostela, promovido por Terras do Sar, S.L.

Para estes efectos, cubrindo a información que debe outorgarse ao público sobre os aspectos relevantes relacionados co procedemento de autorización do proxecto de referencia, infórmase do seguinte:

a) Terras do Sar, S.L. solicitou a concesión da autorización comercial autonómica para a implantación dun establecemento comercial colectivo en Santiago de Compostela

b) O órgano competente para resolver a solicitude de concesión da autorización comercial autonómica é a persoa titular da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en virtude do establecido no artigo 32.1 da Lei do comercio interior de Galicia, e no Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a súa estrutura orgánica.

c) O órgano do que pode obterse información ao respecto é o Servizo de Ordenación da Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

d) A solicitude e o proxecto están dispoñibles ao público, para a súa consulta, na seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/autorizacions-grandes-superficies-comerciais/costa-vella

e) A participación do público poderase realizar durante o prazo de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao de publicación deste anuncio.

Así mesmo, poderán formular as alegacións, observacións e suxestións que consideren oportunas, que deberán dirixirse á Dirección Xeral de Comercio e Consumo e presentarse por calquera dos medios que recolle o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de 20 días hábiles a partir da data de publicación do presente anuncio.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2023

Manuel Heredia Pérez
Director xeral de Comercio e Consumo