Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 30 de xuño de 2023 Páx. 40785

III. Outras disposicións

Consello da Cultura Galega

EXTRACTO da Resolución do 19 de xuño de 2023 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de catro bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver nesta entidade e se anuncia a súa convocatoria (código de procedemento PR970B).

BDNS (Identif.): 705612.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Persoas beneficiarias

Españois ou nacionais dun Estado membro da Unión Europea, que están en posesión ou en condicións de obter un título de licenciado ou de grao en Filoloxía Galega, Galego-Portuguesa, Lingua e Literatura Galegas; Documentación, Ciencias da Comunicación e Comunicación Audiovisual ou outras titulacións equivalentes e que rematasen os seus estudos no curso académico 2012/13 ou posterior.

Segundo. Obxecto:

Establecer as bases reguladoras e as condicións que deben reunir os solicitantes, coa finalidade de contribuír á especialización na súa formación académica, profesional e investigadora.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 19 de xuño de 2023 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de catro bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Consello da Cultura Galega e se anuncia a súa convocatoria (código de procedemento PR970B).

Cuarto. Contía:

Para este gasto que se proxecta habilitarase o crédito adecuado e suficiente por un importe máximo total de corenta e cinco mil trescentos euros (45.300,00 €), que se imputarán ás aplicacións orzamentarias 03.01.111D.480.0 e 03.01.111D.480.4, e que se destinarán ao pagamento das mensualidades dos bolseiros e das cotas da Seguridade Social, respectivamente. A contía mensual que percibirá cada bolseiro/a será de mil douscentos euros (1.200,00 euros).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2023

Rosario Álvarez Blanco
Presidenta do Consello da Cultura Galega