Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 28 de xuño de 2023 Páx. 40133

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se modifica a Resolución do 4 de xuño de 2019 pola que se establece a composición da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia.

A Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, instrumento de protección e defensa das partes que interveñen na actividade de transporte, creouse, no marco da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, pola Orde da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas do 9 de outubro de 1991 (Diario Oficial de Galicia núm. 232, do 23 de outubro).

A súa actual composición vén determinada pola Resolución desta dirección xeral, do 4 de xuño de 2019, pola que se establece a composición da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia (DOG núm. 110, do 12 de xuño), que foi modificada polas resolucións do 9 e 22 de outubro de 2019, do 18 de maio de 2020, do 19 de febrero de 2021 e do 26 de abril de 2022 (DOG núm. 197, do 16 de outubro de 2019, núm. 209, do 4 de novembro de 2019, núm. 112, do 10 de xuño de 2020, núm. 41, do 2 de marzo de 2021 e núm. 89, do 9 de maio de 2022, respectivamente).

Debido a que se produciron algúns cambios nas persoas que ocupan postos na Administración e noutras entidades, considérase oportuno modificar a actual composición da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia.

De conformidade co exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Modificar os puntos 2.1.1, 2.1.2, 2.6.2, e 3.2 da Resolución da Dirección Xeral de Mobilidade, do 4 de xuño de 2019, pola que se establece a composición da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, relativos a vogais representantes da Administración, vogal suplente representante das empresas cargadoras e a suplencia da secretaría, que pasa a ter a seguinte redacción:

«2.1. Vogais: representante da Administración.

2.1.1. Titulares:

– Marta María Vázquez Sanjurjo.

– María Teresa Somoza García.

2.1.2. Suplentes:

– Eduardo Suárez Campo.

– Marta Figueiras García».

«2.6. Vogais: representante das empresas cargadoras, por proposta da Confederación de Empresarios de Galicia:

2.6.2. Suplente:

– José Antonio Neira Cortés».

«3.2. Secretario/a suplentes:

– Marta Figueiras García.

– María Teresa Somoza García».

Segundo. A modificación anterior entenderase vixente e aplicable a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2023

Ignacio Maestro Saavedra
Director xeral de Mobilidade