En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida de San Luis, 77, 28033 Madrid.
Denominación: LMT, CTC e RBTS O Barrrio e reforma CT e RBT Barxés-32AJ25 (Muíños).
Situación: parroquia de Barxés, concello de Muíños.
Características principais recollidas no proxecto:
• Substitución do apoio existente núm. D98, do tipo HV, por un novo apoio proxectado de celosía metálica, do tipo C-16/3000, en que se instala un interruptor-seccionador telecontrolado.
• LMT soterrada, a 20 kV, de 443 m de lonxitude, en condutor RHZ1-2 OL 12/20 kV, 3 (1×150 Al), con orixe no paso A/S proxectado que se vai realizar no apoio núm. D98 proxectado e final no CT proxectado.
• CT proxectado, de tipo prefabricado rural con manobra exterior, con transformador de 100 kVA de potencia aparente e RT de 20.000/400 V.
• Substitución do transformador existente no CT intemperie existente Barxés-32AJ25, e instalación dun novo transformador proxectado de 160 kVA e RT de 20.000/400 V sobre o apoio existente núm. D93-1, de tipo HV.
O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.
Documentación que se expón:
1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado núm. 2.233 do Coeticor, o 11 de abril de 2023.
2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.
3. Os planos parcelarios do proxecto.
O que se fai público para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.
Toda a documentación poderase examinar nesta xefatura territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Ourense, rúa Curros Enríquez, núm. 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da Consellería: http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica
Ourense, 2 de xuño de 2023
Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Relación de bens e de dereitos afectados
Núm. de expediente: IN407A 2023/103-3.
Situación: concello de Muíños.
Denominación: LMT, CTC e RBTS O Barrio e reforma CT e RBT Barxés-32AJ25.
Predio núm. en proxecto: 2; referencia catastral: 32052A022002940000RM.
Lugar: Cortizos.
Cultivo: matogueira.
Titular: Javier Romero Pérez.
Afeccións: ocupación de 15 m2 para o CT e de 6 m2 para a canalización soterrada de 2 m lineais.