Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 27 de xuño de 2023 Páx. 40098

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 13 de xuño de 2023 polo que se notifica a incoación do expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade POL/128/2022-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o 31 de marzo de 2023, acordou a incoación do expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade POL/128/2022-RP1.

Ao non poder realizarse a notificación persoal da incoación á interesada con documento nacional de identidade 35918803W, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á interesada a devandita incoación e prego de cargos por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro da incoación e o prego de cargos que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, a interesada poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poderá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación á destinataria arriba indicada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2023

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística