Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 27 de xuño de 2023 Páx. 40079

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 13 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico do Plan especial de infraestruturas para creación de superficie transitable sobre a liña ferroviaria 06 800 León-A Coruña no contorno da rúa da Colina (O Burgo), no concello de Culleredo (expediente 2023AAE2773).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico, do 9 de xuño de 2023, sobre o Plan especial de infraestruturas para creación de superficie transitable sobre a liña ferroviaria 06 800 León-A Coruña no contorno da rúa da Colina (O Burgo), no concello de Culleredo.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave introducindo o código 2583/2023.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2023

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático