Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 27 de xuño de 2023 Páx. 40084

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 13 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, polo que se someten a información pública as solicitudes de inclusión de varias árbores e unha formación no Catálogo galego de árbores senlleiras.

O artigo 4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, establece o procedemento de catalogación e descatalogación de exemplares e formacións.

As seguintes solicitudes de inclusión de varias árbores e unha formación no Catálogo galego de árbores senlleiras foi realizada polas persoas interesadas de acordo con ese procedemento:

Rexistro de entrada: 2023/1306263.

Data: 1.5.2023.

Solicitante: David de Dios Viñas.

Especie: Eucalyptus globulus; Labill.

Localidade: Vilagarcía de Arousa.

Concello: Vilagarcía de Arousa.

Provincia: Pontevedra.

Rexistro de entrada: 2023/1509611.

Data: 22.5.2023.

Solicitante: Comunidade de Montes Veciñais en Man Común Agrela de Alongos San Martiño.

Especie: Platanus hybrida Brot.

Localidade: Alongos.

Concello: Toén.

Provincia: Ourense.

Rexistro de entrada: 2023/1611309.

Data: 31.5.2023.

Solicitante: Concello de Tomiño.

Especie: Cupressus lusitanica Mill.

Localidade: Forcadela.

Concello: Tomiño.

Provincia: Pontevedra.

Rexistro de entrada: 2023/1611655.

Data: 31.5.2023.

Solicitante: Concello de Tomiño.

Especie: Crataegus monogyna Jacq.

Localidade: Tomiño.

Concello: Tomiño.

Provincia: Pontevedra.

Rexistro de entrada: 2023/1616136.

Data: 31.5.2023.

Solicitante: Concello de Tomiño.

Especie: Fraxinus angustifolia Vahl.

Localidade: Tomiño.

Concello: Tomiño.

Provincia: Pontevedra.

Rexistro de entrada: 2023/1616682.

Data: 31.5.2023.

Solicitante: Concello de Tomiño.

Especie: Quercus suber L. (formación).

Localidade: Goián.

Concello: Tomiño.

Provincia: Pontevedra.

Rexistro de entrada: 2023/1660409.

Data: 5.6.2023.

Solicitante: Asociación de Veciños Santa Baia de Mos.

Especie: Quercus robur; L.

Localidade: Mos.

Concello: Mos.

Provincia: Pontevedra.

Rexistro de entrada: 2023/1677126.

Data: 6.6.2023.

Solicitante: Concello de Gondomar.

Especie: Quercus robur; L.

Localidade: Chain.

Concello: Gondomar.

Provincia: Pontevedra.

O artigo 4.4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, establece que as solicitudes de catalogación ou descatalogación de exemplares e formacións, e a documentación presentada xunto a elas, se someterán ao trámite de información pública por un prazo de vinte días, para os efectos de que os interesados poidan presentar os documentos e as xustificacións que consideren pertinentes.

En consecuencia, ábrese un período de información pública das solicitudes de catalogación mencionadas neste anuncio e da documentación presentada xunto con elas, durante un prazo de 20 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, coa finalidade de que aquelas persoas interesadas que se consideren directamente afectadas poidan remitir observacións e opinións por escrito, ou ben a través do enderezo de correo electrónico: dxpn.cmatv@xunta.gal, poñendo no asunto «Información pública árbores senlleiras».

Durante o citado prazo, a documentación correspondente poderá ser examinada nos seguintes lugares:

– Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

– Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Ourense, avda. da Habana, 79-5º, 32071 Ourense.

– Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Pontevedra, avda. Victoria Moreno, 43-4º, 36071 Pontevedra.

Durante ese mesmo período poderase consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (https://cmatv.xunta.gal/seccion-organizacion/c/CMAOT_DX_Conservacion_Natureza?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Biodiversidade/seccion.html&std=expedientes_senlleiras.html&sub=Arbores_senlleiras/) a información dos expedientes que non se corresponda con datos de carácter persoal (Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais).

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2023

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural