Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 26 de xuño de 2023 Páx. 39678

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se dá publicidade á convocatoria do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo reservados a persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional.

O artigo 92.bis da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, modificou, no seu punto 6, a regulación dos sistemas de provisión definitiva dos postos de traballo reservados á escala de funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, sendo o concurso o sistema normal de provisión e o seu ámbito territorial de carácter estatal. En particular, a citada normativa establece unha nova porcentaxe para a valoración dos méritos xerais, méritos de determinación autonómica e méritos específicos.

O citado precepto remite a regulación das especialidades correspondentes da forma de provisión de postos reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional a un desenvolvemento regulamentario, aprobado polo Real decreto 128/2018, do 16 de marzo, polo que se regula o réxime xurídico dos funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, que regula nos artigos 28 e seguintes esta materia e que se desenvolveu mediante a Orde TFP/153/2021, do 16 de febreiro, do daquela denominado Ministerio de Política Territorial e Función Pública, pola que se regula a valoración dos méritos xerais do persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional, levando a cabo as adecuacións necesarias á nova regulación e a concreción das puntuacións asignadas a cada un dos méritos xerais para efectos de provisión de postos de traballo reservados e establecendo as regras xerais de determinación dos méritos específicos.

As corporacións locais que se relacionan no anexo I desta resolución convocaron os respectivos concursos ordinarios para a provisión de postos reservados a funcionarios de Administración local con habilitación nacional e aprobaron as bases específicas para cada posto de traballo, nos termos que figuran no anexo II, de acordo co previsto no citado artigo 92.bis da Lei 7/1985, do 2 de abril, así como no artigo 35 do Real decreto 128/2018, do 16 de marzo.

De acordo coa anterior normativa e co establecido no Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio de competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/das funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, en uso das atribucións conferidas polo Decreto 117/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Dar publicidade ás convocatorias do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo reservados a persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional aprobadas polas corporacións locais con postos vacantes na Comunidade Autónoma de Galicia que se inclúen no anexo I desta resolución, así como ás bases específicas para cada posto de traballo reservado, nos termos que figuran no anexo II.

De acordo co disposto no artigo 43.2 do Real decreto 128/2018, do 16 de marzo, condiciónase a inclusión na convocatoria conxunta do concurso ordinario dos postos de traballo reservados incluídos no concurso unitario 2022 a que queden desertos neste último.

Segundo. Respecto ao contido común das bases reguladoras, esta resolución remítese á publicación que realizará a Dirección Xeral da Función Pública do Ministerio de Facenda e Función Pública no Boletín Oficial del Estado, que servirá de base para o cómputo dos prazos.

Terceiro. Coñecemento da lingua galega

O coñecemento da lingua galega acreditarase nos termos sinalados no Decreto 103/2008, do 8 de maio, polo que se regula o coñecemento do galego nos procedementos para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios/as con habilitación de carácter nacional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, mediante a presentación coa solicitude de participación no concurso da documentación xustificativa de estar en posesión do certificado de lingua galega 4 (Celga 4) ou do seu equivalente, debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia.

O tribunal de valoración realizará unha proba de carácter eliminatorio aos/ás aspirantes que non acrediten a posesión do Celga 4 ou equivalente. Esta proba, que se valorará co resultado de apto ou non apto, está destinada a avaliar un grao de coñecemento do galego equivalente ao exixido para a obtención do Celga 4 ou equivalente. Para a realización desta proba o tribunal de valoración incorporará asesores/as especialistas en lingua galega designados polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia.

Cuarto. Méritos de determinación autonómica

A valoración dos méritos autonómicos realizaraa o tribunal, de conformidade coas regras e puntuacións establecidas no Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/das funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, ata un máximo de 3 puntos.

Para a valoración dos méritos autonómicos os tribunais de valoración poderán solicitar á Dirección Xeral de Administración Local informe respecto da puntuación das solicitudes presentadas.

Para tales efectos, o baremo de méritos autonómicos relacionados co coñecemento das especialidades da organización territorial e do dereito propio de Galicia é o seguinte:

a) Cursos de formación e perfeccionamento: ata un máximo de 1,5 puntos.

b) Experiencia profesional: ata un máximo de 0,90 puntos.

c) Actividade docente: ata un máximo de 0,30 puntos.

d) Publicacións: ata un máximo de 0,30 puntos.

A forma de valoración que corresponde a cada un dos méritos autonómicos é a que se indica a seguir:

a) Cursos de formación e perfeccionamento.

Teranse en conta, unicamente, os cursos impartidos pola Escola Galega de Administración Pública, universidades e organismos públicos dedicados á formación e perfeccionamento do persoal ao servizo das administracións públicas, que previamente fosen homologados ou recoñecidos pola Escola Galega de Administración Pública para estes efectos.

Só se valorarán aqueles cursos que teñan por obxecto a aprendizaxe das especialidades da organización territorial e do dereito propio de Galicia, exceptuándose os que forman parte dos procesos selectivos correspondentes.

A puntuación de cada curso dentro da escala de 0,10 a 1,5 será establecida pola Escola Galega de Administración Pública en función da relación da materia impartida coas funcións reservadas aos/ás funcionarios/as con habilitación de carácter nacional, co grao de dificultade do curso, co número de horas lectivas e co sistema de avaliación.

As convocatorias dos cursos formuladas pola Escola Galega de Administración Pública indicarán a puntuación outorgada para estes efectos. Para o suposto de que a puntuación dalgún curso non estivese determinada na súa convocatoria e o seu obxecto corresponda coa aprendizaxe das especialidades da organización territorial e do dereito propio de Galicia (e sempre que non formase parte dos procesos selectivos correspondentes), valorarase de conformidade cos criterios establecidos pola consellería competente en materia de réxime local en coordinación coa Escola Galega de Administración Pública, do xeito que se describe a seguir:

– Cursos con certificado de asistencia de duración comprendida entre 20 e 40 horas: 0,10 puntos por curso.

– Cursos con certificado de asistencia de duración superior a 40 horas: 0,20 puntos por curso.

– Cursos con certificado de aproveitamento de duración comprendida entre 20 e 40 horas: 0,30 puntos por curso.

– Cursos con certificado de aproveitamento de duración superior a 40 horas: 0,40 puntos por curso.

Non se valorarán os diplomas relativos á realización de congresos, conferencias, seminarios, xornadas, simposios, encontros e semellantes, nin aqueles cursos realizados con máis de 15 anos de antelación á data da resolución pola que se aproba a convocatoria do concurso.

b) Experiencia profesional.

Valorarase a experiencia profesional consistente no exercicio de funcións na Administración autonómica ou nas entidades locais de Galicia que impliquen o coñecemento da organización territorial e da normativa autonómica de Galicia segundo se indica:

b.1) Servizos prestados como funcionarios/as de carreira con habilitación de carácter nacional en postos reservados nas entidades locais de Galicia:

b.1.1) Da mesma subescala e categoría á cal se concursa: 0,03 puntos/mes.

b.1.2) De distinta subescala ou/e categoría á cal se concursa: 0,02 puntos/mes.

b.2) Servizos prestados no territorio da Comunidade Autónoma galega como funcionario/a de carreira en postos non reservados a persoal funcionario con habilitación de carácter nacional:

b.2.1) Do subgrupo A1: 0,01 puntos/mes.

b.2.2) Do subgrupo A2: 0,005 puntos/mes.

c) Actividade docente.

A actividade docente valorarase cando vaia dirixida ao ensino das materias sobre organización territorial e normativa autonómica de Galicia, réxime local, procedemento administrativo, contratación pública, servizos públicos, urbanismo, persoal, réxime económico e financeiro das entidades locais en cursos organizados, homologados ou recoñecidos pola Escola Galega de Administración Pública ou realizados en colaboración con esta.

A súa valoración será a razón de 0,01 puntos por hora impartida en cursos, excluídos congresos, conferencias, seminarios, xornadas, simposios, encontros ou semellantes.

d) Publicacións.

Valoraranse as publicacións de monografías ou artigos sobre materias relativas ás especialidades da organización territorial e do dereito propio de Galicia, a razón de 0,10 puntos por cada monografía, e 0,05 puntos por cada artigo, sempre que aparezan en publicacións con ISBN ou ISSN.

Os/as concursantes acreditarán os méritos que aleguen mediante a presentación das certificacións correspondentes ou da copia dos títulos debidamente compulsados, así como, de ser o caso, das publicacións referidas.

Quinto. Méritos específicos

Os méritos específicos para cada posto de traballo son os que se inclúen no anexo II desta resolución.

Sexto. Valoración de méritos

O tribunal de valoración comprobará a concorrencia nos concursantes dos requisitos que figuren na convocatoria e excluirá a quen non os reúna. Así mesmo, comprobará o coñecemento da lingua galega nos termos previstos no Decreto 103/2008, do 8 de xuño. A continuación puntuará, respecto dos non excluídos, os méritos do seguinte modo:

– Méritos xerais, ata un máximo de 24 puntos, segundo a relación individualizada de méritos xerais do persoal habilitado nacional que aprobe a Dirección Xeral da Función Pública do Ministerio de Facenda e Función Pública, sen que sexa posible acreditación adicional ningunha por parte dos concursantes nin valoración distinta por parte do tribunal.

– Méritos de determinación autonómica, ata un total de 3 puntos.

– Méritos específicos ata un total de 1,50 puntos.

A valoración dos méritos de determinación autonómica e dos méritos específicos efectuarase con base na documentación acreditativa achegada polas persoas concursantes.

Respecto dos postos que non teñan méritos específicos, o tribunal asignará unicamente a puntuación de méritos xerais e de méritos autonómicos.

En caso de empate na puntuación final de méritos de dous ou máis concursantes, o tribunal dará prioridade na proposta de adxudicación a aquela persoa que obtivese maior puntuación en méritos específicos. De manterse o empate, resolverase a favor de quen en méritos de determinación autonómica teña máis alta puntuación. De persistir este, resolverase conforme a orde de prelación dos méritos xerais, seguindo a orde de enumeración do artigo 32 do Real decreto 128/2018. En última instancia, o empate resolverase con base na orde de prelación no proceso selectivo.

Sétimo. Esta publicación, en cumprimento da normativa de aplicación, realízase para os exclusivos efectos de publicidade dos postos convocados no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e non supón a apertura do prazo de presentación de solicitudes. O Ministerio de Facenda e Función Pública disporá a publicación no Boletín Oficial del Estado dun extracto de todas as convocatorias, que servirá de base para o cómputo de prazos, e no dito trámite poderase emendar calquera erro ou omisión producidos.

Oitavo. Os actos administrativos das corporacións locais e dos tribunais de valoración realizados no procedemento do concurso poderán ser impugnados conforme o previsto nos artigos 121 e 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, os interesados poderán interpoñer recurso administrativo de reposición, ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Así mesmo, as entidades locais poderán presentar previamente requirimento no prazo de dous meses conforme o disposto no artigo 44 da dita Lei 29/1998.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2023

Natalia Prieto Viso
Directora xeral de Administración Local

ANEXO I

Relación de postos de traballo reservados a persoal funcionario
de Administración local con habilitación de carácter nacional
que se ofertan no concurso ordinario 2023

Provincia

Entidade

Posto

Convocatoria

A Coruña

Culleredo

Secretaría clase 1ª

Resolución Alcaldía

Pontevedra

Soutomaior

Secretaría clase 3ª

Resolución Xunta de Goberno local (por delegación)

Lugo

Lourenzá

Secretaría clase 3ª

Resolución Alcaldía

Ourense

Verín

Intervención clase 2ª

Resolución Alcaldía

Tesouraría

Resolución Alcaldía

ANEXO II

Bases específicas que rexen as convocatorias

Concello de Culleredo (A Coruña):

– Denominación do posto: secretaria/o xeral.

– Denominación da corporación: Concello de Culleredo.

– Subescala: secretaría, categoría superior.

– Nivel de complemento de destino: 30.

– Contía anual do complemento específico 2023: 24.694,05 €.

– Poboación en 1.1.2022: 30.790 habitantes (fonte INE).

* Baremo de méritos específicos: (1,5 puntos).

A) Servizos prestados.

Servizos prestados como funcionario de carreira en postos de traballo reservados a persoal funcionario con habilitación de carácter nacional, correspondentes á mesma subescala e categoría que o posto convocado (secretaría de categoría superior): 0,06 por mes ata un máximo de 1,5 puntos.

Motivación: a estrutura e entidade dun municipio como Culleredo, con máis de 30.000 habitantes e parte da área metropolitana da Coruña, require acreditar unha experiencia previa no desempeño de postos de traballo de secretaría con categoría superior.

B) Cursos de formación e perfeccionamento.

Non se valoran.

C) Outros requisitos.

Non se valoran.

D) Entrevista persoal.

Non.

* Méritos de determinación autonómica:

Méritos de determinación autonómica da Comunidade Autónoma de Galicia (Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre exercicio das competencia da Comunidade Autónoma de Galicia respecto do persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional), conforme as regras e condicións establecidas no Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, e que serán valorados ata un 15 % do total da puntuación máxima posible do conxunto do concurso.

* Méritos xerais:

Os méritos xerais son os determinados pola Administración do Estado, e a acreditación deles será efectuada pola dirección xeral competente por instancia dos interesados, e serán valorados ata un 80 % do total da puntuación máxima posible do conxunto do concurso.

* Coñecemento da lingua galega:

De acordo co establecido no artigo 2 do Decreto 103/2008, do 8 de maio, exíxese como requisito o coñecemento da lingua galega, que se acreditará mediante a presentación coa solicitude de participación no concurso ou da petición de cobertura do posto, da documentación xustificativa de estar en posesión do certificado da lingua galega (Celga 4) ou do seu equivalente.

Os concursantes que non acrediten a posesión do título establecido no parágrafo anterior participarán nunha proba eliminatoria en que se cualificará como apto ou non apto, destinada a avaliar un grao de coñecemento do galego equivalente ao conseguido coa obtención do Celga 4 ou equivalente, nos termos sinalados no dito decreto.

* Comisión de Valoración:

– Tribunal titular:

Presidenta: Sonia Corral Corral, FHN, subescala de Intervención-Tesouraría, categoría superior.

1ª vogal: Mónica Bello Novo, FHN, subescala de Intervención-Tesouraría, categoría entrada.

2º vogal: José María Vázquez Pita, FHN, subescala de secretaría, categoría superior.

3ª vogal: Luz María Villa Álvarez, FHN, subescala de Intervención-Tesouraría, categoría superior.

4ª vogal secretaría: Ana Ramos Ramos, FHN, subescala de secretaría, categoría entrada.

– Tribunal suplente:

Presidente: Miguel Iglesias Martínez, FHN, subescala de secretaría, categoría superior.

1º vogal: José Antonio Meizoso Paz, FHN, subescala Secretaría-Intervención.

2º vogal: Manuel Larrosa Rodríguez, FHN, subescala Secretaría-Intervención.

3ª vogal: Patricia Coence Antelo, FHN, subescala de Intervención-Tesouraría, categoría entrada.

4ª vogal secretaria: Gema Vázquez López, FHN, subescala de Intervención-Tesouraría, categoría entrada.

Concello de Lourenzá (Lugo):

– Denominación do posto: secretaría-intervención.

– Denominación da corporación: Concello de Lourenzá.

– Subescala: secretaría-intervención sen categoría.

– Nivel de complemento de destino: 28.

– Contía anual do complemento específico 2023: 19.070,16 €.

– Poboación en 1.1.2022: 2.115 habitantes.

* Baremo de méritos específicos:

Non se consideran.

* Méritos de valoración autonómica:

Os concursantes acreditarán os méritos que aleguen, no momento que se indique na convocatoria, mediante a presentación das certificacións correspondentes ou da copia dos títulos debidamente compulsados, así como, de ser o caso, das publicacións referidas.

Esta achega de documentación poderá ser substituída pola última relación individualizada de méritos autonómicos publicada na páxina web eidolocal cando non se aleguen máis méritos que os recollidos nela.

A valoración dos méritos autonómicos efectuarase de conformidade co disposto no Decreto 429/2009, do 26 de febreiro.

* Méritos xerais:

A valoración dos méritos xerais efectuarase de conformidade co disposto na Orde TFP/153/2021, do 16 de febreiro, pola que se regula a valoración dos méritos xerais do persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional, e demais normativa estatal reguladora.

A valoración de méritos xerais obterase unicamente da suma, da relación publicada na páxina web do Ministerio de Facenda e Función Pública, e na mesma data que a convocatoria conxunta, e daqueles méritos xerais referidos á conciliación da vida persoal, familiar e laboral que os concursantes poidan presentar xunto coa solicitude de participación no concurso no concello, para a súa valoración por parte do tribunal.

Non será posible acreditación adicional por parte dos concursantes nin valoración distinta por parte do tribunal, agás os méritos xerais referidos á conciliación da vida persoal, familiar e laboral que poderán acreditar os concursantes e valorar o tribunal.

* Coñecemento da lingua galega:

De acordo co establecido no Decreto 103/2008, do 8 de maio, exíxese como requisito o coñecemento da lingua galega, que se acreditará mediante a presentación, coa solicitude de participación no concurso ou da petición de cobertura do posto, da documentación xustificativa de estar en posesión do certificado da lingua galega (Celga 4) ou do seu equivalente.

Esta achega de documentación poderá ser substituída pola última relación individualizada de méritos autonómicos publicada na páxina web eidolocal.

* Entrevista: non se considera.

* Comisión de Valoración:

– Tribunal titular:

Presidenta: Begoña Teijeiro Campo, secretaria interventora do Concello de Barreiros.

Secretaria e 1ª vogal: Regina Blanco Martínez, secretaria interventora do Concello do Valadouro.

2º vogal: Manuel Fernández Fernández, secretario interventor do Concello de Riotorto.

3ª vogal: María Teresa Menéndez González, secretaria interventora do Concello de Taramundi.

4º vogal: Juan Hernando Rosa Ruiz, secretario interventor da Agrupación de Concellos de Bóveda e O Incio.

– Tribunal suplente:

Presidenta: María Luz Balsa Rábade, secretaria do Concello de Viveiro.

Secretaria e 1ª vogal: María Belén López López, secretaria do Concello da Pastoriza.

2ª vogal: Leticia Rodríguez Díaz, secretaria interventora no Servizo de Cooperación e Asistencia aos Concellos da Deputación de Lugo.

3ª vogal: Nadia Díaz Vázquez, secretaria interventora da Agrupación Taboada-Guntín.

4ª vogal: Ruth López-Mosquera García, secretaria interventora do Concello de Paradela.

Concello de Soutomaior (Pontevedra):

– Denominación do posto: Secretaría-Intervención.

– Denominación da corporación: Concello de Soutomaior.

– Subescala: Secretaría-Intervención.

– Nivel de complemento de destino: 28.

– Contía anual do complemento específico 2023: 17.770,32 €.

– Poboación en 30.11.2022: 7.543 (fonte INE).

* Méritos xerais:

A valoración dos méritos xerais efectuarase de conformidade co disposto na normativa estatal reguladora.

* Méritos de determinación autonómica:

A valoración dos méritos autonómicos efectuarase de conformidade co disposto na normativa autonómica reguladora.

* Coñecemento da lingua galega:

De acordo co establecido no Decreto 103/2008, do 8 de maio, exíxese como requisito o coñecemento da lingua galega, que se acreditará mediante a presentación, coa solicitude de participación no concurso ou da petición de cobertura do posto, da documentación xustificativa de estar en posesión do certificado da lingua galega (Celga 4) ou do seu equivalente.

* Comisión de Valoración:

Estará integrada polos seguintes membros:

Presidente: Jose Ramón Pose Barrigón, secretario interventor do Concello de Moraña.

Suplente: Juan Francisco Sánchez González, secretario interventor do Concello de Pazos de Borbén.

Vogais:

1ª vogal e secretaria: María Teresa Escudero Barral, secretaria interventora do Concello de Meaño.

Suplente: Patricia Hernández Estévez, secretaria interventora do Concello de Arbo.

2º vogal: Xesús Rodríguez Castro, secretario interventor do Concello de Barro.

Suplente: Jesús Cuadrado Olivar, secretario interventor do Concello da Cañiza.

3ª vogal: María del Carmen Merino Moína, secretaria interventora do Concello de Meis.

Suplente: Yolanda Ortega Otero, secretaria interventora do Concello de Mondariz.

4º vogal: Ricardo Pernas Romaní, secretario interventor do Concello de Tomiño.

Suplente: Jacobo Manuel Rayón Cedeira, secretario interventor do Concello de Fornelos de Montes.

En todo o non previsto nas presentes bases observarase o disposto no Real decreto 128/2018, do 16 de marzo, polo que se regula o réxime xurídico dos funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, no Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/das funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, e demais normativa de aplicación.

Concello de Verín (Ourense):

– Denominación do posto: interventor.

– Denominación da corporación: Concello de Verín (Ourense).

– Subescala: Intervención-Tesouraría, categoría de entrada.

– Nivel de complemento de destino: 27.

– Contía anual do complemento específico 2023: 33.534,34 €.

– Poboación en data 1.1.2022: 13.623 (INE).

* Méritos xerais:

A valoración de méritos xerais obterase da relación publicada na páxina web do Ministerio de Facenda e Función Pública, na mesma data que a convocatoria conxunta, sen que sexa posible acreditación adicional ningunha por parte dos concursantes nin valoración distinta por parte do tribunal.

* Méritos de determinación autonómica:

Efectuarase con base da acreditación achegada polos concursantes e de conformidade coas previsións do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos funcionarios con habilitación de carácter nacional.

* Méritos específicos da corporación local:

Non se prevén.

* Coñecemento da lingua galega:

Será acreditado polos aspirantes nos termos sinalados no Decreto 103/2008, do 8 de maio, polo que se regula o coñecemento do galego nos procedementos para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios/as con habilitación de carácter nacional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

* Comisión de Valoración:

– Tribunal titular:

Presidente: Santiago Rafael de Lorenzo Taboada, secretario interventor do Concello de Castrelo do Val.

Secretario: Paulino Fernández Salgado, secretario interventor da Agrupación Monterrei-Cualedro.

1º vogal: Mario Luis Rodríguez Fernández, secretario interventor asesor da Deputación Provincial de Ourense.

2ª vogal: María de los Ángeles Cantón Álvarez, asesora xurídica da Deputación Provincial de Ourense.

3º vogal: Francisco Javier Llorente Serrano, secretario interventor asesor da Deputación Provincial de Ourense.

– Tribunal suplente:

Presidente: Francisco Javier Rodríguez Tourón, secretario interventor asesor da Deputación Provincial de Ourense.

Secretaria: Pilar del Carmen Saborido Díaz, secretaria do Concello de Verín.

1ª vogal: Mónica Legaspi Díaz, interventora da Deputación Provincial de Ourense.

2ª vogal: Begoña Álvarez Matos, técnico superior de administración tributaria e financeira da Deputación Provincial de Ourense.

3º vogal: Alberto Evaristo Vega García, técnico xurídico de administración urbanística do Concello de Verín.

* Normativa supletoria:

En todo o non previsto nas presentes bases observarase o disposto no Real decreto 128/2018, do 16 de marzo, polo que se regula o réxime xurídico dos funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, no Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/das funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, e demais normativa de aplicación.

Concello de Verín (Ourense):

– Denominación do posto: tesoureiro.

– Denominación da corporación: Concello de Verín (Ourense).

– Subescala: Intervención-Tesouraría, sen distinción de categoría.

– Nivel de complemento de destino: 27.

– Contía anual do complemento específico 2023: 27.619,34 €.

– Poboación en data 1.1.2022: 13.623 (INE).

* Méritos xerais:

A valoración de méritos xerais obterase da relación publicada na páxina web do Ministerio de Facenda e Función Pública, na mesma data que a convocatoria conxunta, sen que sexa posible acreditación adicional ningunha por parte dos concursantes nin valoración distinta por parte do tribunal.

* Méritos de determinación autonómica:

Efectuarase con base da acreditación achegada polos concursantes e de conformidade coas previsións do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos funcionarios con habilitación de carácter nacional.

* Méritos específicos da corporación local:

Non se prevén.

* Coñecemento da lingua galega:

Será acreditado polos aspirantes nos termos sinalados no Decreto 103/2008, do 8 de maio, polo que se regula o coñecemento do galego nos procedementos para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios/as con habilitación de carácter nacional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

* Comisión de Valoración:

– Tribunal titular:

Presidente: Santiago Rafael de Lorenzo Taboada, secretario interventor do Concello de Castrelo do Val.

Secretario: Paulino Fernández Salgado, secretario interventor da Agrupación Monterrei-Cualedro.

1º vogal: Mario Luis Rodríguez Fernández, secretario interventor asesor da Deputación Provincial de Ourense.

2ª vogal: María de los Ángeles Cantón Álvarez, asesora xurídica da Deputación Provincial de Ourense.

3º vogal: Francisco Javier Llorente Serrano, secretario interventor asesor da Deputación Provincial de Ourense.

– Tribunal suplente:

Presidente: Francisco Javier Rodríguez Tourón, secretario interventor asesor da Deputación Provincial de Ourense.

Secretaria: Pilar del Carmen Saborido Díaz, secretaria Concello de Verín.

1ª vogal: Mónica Legaspi Díaz, interventora da Deputación Provincial de Ourense.

2ª vogal: Begoña Álvarez Matos, técnica superior de administración tributaria e financeira da Deputación Provincial de Ourense.

3º vogal: Alberto Evaristo Vega García, técnico xurídico de administración urbanística do Concello de Verín.

* Normativa supletoria:

En todo o non previsto nas presentes bases observarase o disposto no Real decreto 128/2018, do 16 de marzo, polo que se regula o réxime xurídico dos funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, no Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/das funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, e demais normativa de aplicación.