Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 26 de xuño de 2023 Páx. 39625

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

EXTRACTO da Orde do 14 de xuño de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento PR804B).

BDNS (Identif.): 704414.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publicase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Entidades beneficiarias

As entidades beneficiarias da concesión de subvencións deberán estar inscritas no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento, na sección A: organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento, e na sección D: outros axentes sociais ou entidades que teñan entre os seus fins a realización de actividades de cooperación para o desenvolvemento.

Segundo. Obxecto

Estas bases regulan a concesión de subvencións ás organizacións non gobernamentais para a execución de microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior (procedemento PR804B).

Para os efectos da presente convocatoria, enténdese por microproxectos aquelas intervencións puntuais, de limitada intensidade, de duración non superior aos 12 meses que teñan por obxecto fortalecer e/ou complementar outras actuacións levadas a cabo por axentes de cooperación no mesmo territorio.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 14 de xuño de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento PR804B).

Cuarto. Importe

Para a concesión destas axudas destínase un crédito por un importe total de 90.000 €, con cargo á aplicación orzamentaria 06.07.331A.490.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 2023.

O importe máximo que se poderá financiar será dun 95 % do orzamento total do proxecto e en ningún caso a subvención concedida superará os 30.000 €

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2023

Diego Calvo Pouso
Vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes