Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 26 de xuño de 2023 Páx. 39775

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS e traslado CT Millarada 36AA15, no concello de Redondela, do cal resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2022/332-4).

A instalación denominada LMTS e traslado CT Millarada 36AA15 foi declarada de utilidade pública mediante Resolución da Xefatura Territorial de Pontevedra do 28 de febreiro de 2023, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 3 de xullo de 2023, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación do ben e dereitos contidos no predio que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Redondela.

A interesada recibirá unha notificación individual coa debida antelación legal, na que se lle comunicará a data e a na hora en que deberán presentarse no seu predio, e infórmase de que poderá ir acompañada por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o considera conveniente.

Vigo, 2 de xuño de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

LMTS e traslado CT Millarada 36AA15

Referencia catastral

Lugar

Titular

Nº apoio

m2 solo

1

36045A035006270000WT

Millarada

Carmen Crespo Martínez

CT

16.81