Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 26 de xuño de 2023 Páx. 39836

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de información pública sobre os convenios de execución do planeamento para a cesión gratuíta de solo na travesía Ángela B. Soto e no lugar de Bens.

De conformidade co establecido no artigo 168.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 401.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei do solo, ábrese un período de información pública polo prazo dun mes, con respecto aos convenios urbanísticos de execución de planeamento (cos códigos CSV 0R1Q1I106E1R1L0312ZZ, CSV 45054L2Y625K1N2O03KZ e CSV 5R5M4Q1X3L0Z4T260FC5) para cesión gratuíta de solo na travesía Ángela B. Soto e no lugar de Bens, aprobados pola Xunta de Goberno Local o 10 de maio de 2023.

Durante o prazo dun mes de exposición pública poderán presentarse cantas alegacións se consideren oportunas; o expediente encóntrase íntegro no Departamento de Xestión do Solo, Área de Urbanismo, situado no 2º andar da praza de Indalecio Prieto, A Coruña.

O texto íntegro dos convenios está dispoñible no taboleiro de edictos do Concello, a través da seguinte ligazón:

https://www.coruna.gal/1IMZ

A Coruña, 25 de maio de 2023

A alcaldesa
P.D. (Decreto 3847/2019, do 27 de xuño)
María Hernández García
Directora da Área de Urbanismo