Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 26 de xuño de 2023 Páx. 39580

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consello Consultivo de Galicia

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2023 pola que se fai público o acordo plenario polo que se designa o conselleiro integrante da Sección de Estudos e Informes para o que resta do ano 2023.

De conformidade co establecido no artigo 18 do Decreto 91/2015, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do Consello Consultivo de Galicia, esta presidencia

RESOLVE:

Facer público o acordo plenario do 7 de xuño de 2023, do Consello Consultivo de Galicia, polo que se designa o conselleiro electivo integrante da Sección de Estudos e Informes do Consello Consultivo para o que resta do ano 2023, do teor literal seguinte:

«Logo da entrada en vigor da Lei 2/2023, do 14 de marzo, pola que se modifica a Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia (Diario Oficial de Galicia núm. 55, do 20 de marzo), o Pleno do Consello Consultivo de Galicia, na súa reunión do día 7 de xuño de 2023, de acordo co artigo 21.1 da citada Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia,

ACORDA:

Primeiro. A designación do conselleiro electivo Alberte Souto Souto, como conselleiro que compoñerá a Sección de Estudos e Informes do Consello Consultivo de Galicia para o que resta do ano 2023.

Segundo. Que, de acordo co número 2 do citado artigo 18, se publique este acordo no Diario Oficial de Galicia».

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2023

José Luis Costa Pillado
Presidente do Consello Consultivo de Galicia