Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 26 de xuño de 2023 Páx. 39675

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2023, da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se dá publicidade ás axudas da Orde do 18 de outubro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do IV Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas, profesionais e empresas particularmente afectadas pola crise da COVID-19, mediante axudas directas para o apoio á solvencia e redución do endebedemento do sector privado, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento TR700A).

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 11.04.322C.470.15, correspondentes ás axudas da Orde do 18 de outubro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do IV Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas, profesionais e empresas particularmente afectadas pola crise da COVID-19, mediante axudas directas para o apoio á solvencia e redución do endebedemento do sector privado, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento TR700A).

Na web publicaranse as listaxes de concesión das axudas, con indicación da convocatoria, da persoa beneficiaria, da cantidade concedida da subvención outorgada. As persoas interesadas poden acceder á dita web na seguinte ligazón:

https://empregoeigualdade.xunta.gal/axudas-subvencions/plans-de-rescate

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2023

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social