Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 26 de xuño de 2023 Páx. 39824

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 12 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental da zona de reestruturación parcelaria de Trasmiras-Chamusiños-Escornabois, no concello de Trasmiras, Ourense.

De conformidade co artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), sométese ao trámite de información pública o estudo de impacto ambiental da zona de reestruturación parcelaria de Trasmiras-Chamusiños-Escornabois, no concello de Trasmiras, Ourense, promovido pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

Durante o prazo de trinta días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a documentación estará dispoñible ao público para a súa consulta na seguinte ligazón da páxina web da Consellería do Medio Rural:

https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/desenvolvemento-rural/avaliacion-de-impacto-ambiental/informacion-publica-de-eia

O proxecto de reestruturación parcelaria será sometido á avaliación de impacto ambiental ordinaria. Para os efectos deste expediente, o órgano substantivo é a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

Durante o prazo sinalado, as alegacións, observacións ou suxestións que as persoas interesadas consideren oportunas serán dirixidas á directora xeral de Desenvolvemento Rural, por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2023

Inés Santé Riveira
Directora xeral de Desenvolvemento Rural