Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 26 de xuño de 2023 Páx. 39819

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 9 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza un propietario da zona de concentración parcelaria de Cures-Boiro (A Coruña), para ser notificado por comparecencia dunha resolución que modifica o acordo.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), un propietario da zona de concentración parcelaria de Cures-Boiro (A Coruña), para ser notificado por comparecencia dunha resolución que modifica o acordo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para consultar o expediente poderá solicitar cita previa nas dependencias deste servizo chamando ao teléfono 981 18 46 35, en horario das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Unha vez transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 9 de xuño de 2023

José Manuel Santos Maneiro
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Interesado

Acto notificado

Zona de concentración parcelaria

33264621C

RDX 27.04.2023

Cures-Boiro (A Coruña)