Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 23 de xuño de 2023 Páx. 39492

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Ortigueira (expediente IN407A 2022/133-1).

Expediente: IN407A 2022/133-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Instalación: regulamentación LAMT MEA811 Ribeiras do Sor 11 entre os apoios BDJND5FB//90-2 e BE2BTADB//90-10.

Concello: Ortigueira.

Feitos:

1) O 13.4.2022, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica, coa finalidade de realizar obras de regulamentación na liña de distribución LMT MEA811 Ribeiras do Sor, 11 (expediente 7841) por danos e irregularidades en varios apoios, no concello de Ortigueira. Proxéctase a substitución de dous apoios de formigón, instalando dous apoios metálicos de celosía e a regulación dos vans adxacentes.

Achegan o proxecto que inclúe memoria, planos e orzamento, ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que abrangue os seguintes documentos:

1. Proxecto de execución denominado Regulamentación LAMT MEA811 Ribeiras do Sor 11 entre os apoios BDJND5FB//90-2 e BE2BTADB//90-10, asinado por Tito Arias Santos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, núm. colexiado LE-1010, o 31.1.2022.

2. Anexo, asinado por Javier Fernández Mitre, enxeñeiro industrial, núm. colexiado 15.670 de Madrid, o 7.6.2022.

2) O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante acordo publicado nos seguintes medios:

– Acordo de información pública: 5 de setembro de 2022.

– DOG: 23.9.2022.

– BOP: 2.9.2022.

– Xornal La Voz de Galicia: 16.9.2022.

– Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 17.11.2022.

– Portal de transparencia da Consellería de Economía, Industria e Innovación: 23.9.2022.

3) Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas, isto é, ao Concello de Ortigueira. No día desta resolución, non consta no expediente resposta da empresa e/ou organismo afectada/o.

4) O 25.5.2023, foi emitido un informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, no Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25.5.2023).

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

• Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro de 1954).

• Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. As instalacións atópanse no concello de Ortigueira e as súas características técnicas son as seguintes:

• Regulación LMTA a 20 kV, de 105 m, condutor tipo LA-56 Al, con orixe no apoio núm. BDJND5FB // 90-2 existente da LMT MEA811 Ribeiras do Sor, 11 (expediente 7841) e remate no apoio núm. BE2BTADB//90-10 existente. Substitución do apoio BDLBHCE4//90-3 de formigón existente por un novo apoio de celosía metálica de tipo C-2000/16 e substitución do apoio de formigón núm. BDVB8CD4//90-8 por un novo apoio de celosía metálica de tipo C-1000-14. Substitución das crucetas nos apoios de formigón BDPMVJS6//90-5 e BDTH4L0G//90-7 por encontrarse ambas en mal estado; instálanse crucetas tipo Bóveda B-1 3xCSR.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

Consonte todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da dita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 30 de maio de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña